Basque Korsarioak
| Nome completo | Basque Korsarioak | ||
| Alcume(s) | |||
| Fundación | 2009 | ||
| Localización | San Sebastián, Euskadi (España) | ||
| Estadio(s) | Miniestadio de Anoeta | ||
| Capacidade | 4200 | ||
| Presidente | Kote Olaizola | ||
| Adestrador | Jean Philippe Bidart | ||
| Capitán | |||
| Máx. Anotador | |||
| Máis ensaios | |||
| Liga | Liga Superibérica | ||
| Tempada | 2009 | ||
| Posición | 3º | ||
| Páxina web oficial | |||
|
|||
O Basque Korsarioak ('Corsarios Vascos' en éuscara) é a franquía de rugby que representa na Liga Superibérica a Euskadi, Navarra e o País Vasco francés. A sede principal do equipo é San Sebastián, xogando os seus partidos como local no Miniestadio de Anoeta, que é amplamente empregado para a práctica do rugby na capital donostiarra.
Índice |
[editar] Historia
O equipo foi fundado en 2009, e nace aglutinando a varios dos equipos de maior categoría do rugby vasco: o Bera Bera R.T. e o Getxo Artea R.T., que participaron esta tempada na División de Honra, de División de Honra B, tamén participan xogadores do Hernani C.R.E., e da Primeira División Nacional (terceira categoría do rugby español) participan xogadores do Zarautz K.E. e do Eibar R.T. (que acadou o ascenso a División de Honra B este ano). Tamén participan outros equipos, coma o equipo francés do Top 14, Aviron Bayonnais, cede aos seus xogadores suplentes; así como xogadores do equipo de Fédérale 2 (cuarta división francesa), Stade Hendayais.
A marca deportiva Canterbury of New Zealand vestirá a esta franquía, ao igual que ás outras cinco participantes.
[editar] Nome e Imaxe
O nome da franquía, Korsarioak (corsarios), inspírase na historia do pobo vasco. Durante moitos séculos, os armadores e navegantes vascos recibiron a patente de corso dos reis rexentes nas distintas épocas para realizar accións de piratería nas zonas próximas á costa contra os barcos inimigos nos conflitos nos que se vira inmersa a coroa nese momento. Estas patentes ofreceron unha grande achega á economía vasca dos séculos XVI e XVIII, e é por iso polo que os encargados da franquía consideraron axeitado este nome para o equipo.
A imaxe da franquía é un corsario en branco e negro sobreimpreso por riba dunha bandeira vermella cun K branco, e baixo eles o nome da franquía en vermello e negro.