Lingua baskir

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Baskir»)
Baskir
Башҡорт теле, Başqort tele, باشقۇرت تئلئ
Falado en: Rusia
Rexións: Bashkortostán
Total de falantes: 1 200 000 (censo de 2010)
Familia: Linguas turcas
 Turco shaz
  Linguas kipchak
   Kipchak setentrional
    Baskir
Escrita: Cirílico (official)
Latino (non oficial)
árabe (histórico)
Antigo alfabeto turco (historical)
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Bashkortostán
Códigos de lingua
ISO 639-1: ba
ISO 639-2: bak
ISO 639-3: bak
Mapa
Status

O baskir está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

O baskir (Башҡорт теле, Başqort tele, باشقۇرت تئلئ) é unha lingua da familia turca falada polo pobo baskir. É cooficial xunto co ruso na República de Bashkortostán e conta con preto de 1,2 millóns de falantes en Rusia. O baskir ten tres dialectos: meridional, oriental e setentrional.

Falantes[editar | editar a fonte]

O censo de 1989 declaraba que había 1 047 000 falantes nativos da lingua baskir vivindo na URSS. Outros 26.737 dicían que o baskir era a súa segunda lingua. Aproximadamente 300.000 baskires declararon que o tártaro era a súa lingua nativa. No censo de 2002 houbo declarados 1 379 727 falantes.

A maioría dos falantes do baskir habitan na república rusa de Bashkortostán, así como nos veciños Tartaristán e Udmurtia. Un número substancial de falantes viven no Krai de Perm e en Chelyabinsk, Oremburgo, Sverdlovsk e óblast de Kurgan. Existen importantes minorías baskires en Casaquistán e Uzbekistán.

Alfabeto e dialectos[editar | editar a fonte]

Inda que os baskires eran orixinariamente tribos úgricas ou finesas, adoptaron a lingua bolgar. Trala invasión mongol de Rusia, o kypchak fíxose máis habitual, xa que era o idioma falado pola maioría das tribos da Horda Dourada.

O baskir moderno, do mesmo modo que o tártaro, que é similar, toma as súas raíces do grupo de linguas kypchak. Hoxe en día o idioma ten moitos dialectos, que son moi similares ó tártaro. No pasado, os baskires usaban o tártaro coma lingua escrita. No século XV substituíuno o Chagatay (porén, segundo algúns historiadores[Cómpre referencia], foino pola variedade tártara antiga do Chagatay), que se utilizou ata 1923. Tanto o tártaro coma o chatay usaban a escritura árabe.

En 1923, creouse un sistema escrito para a lingua baskir. Tamén se creou unha linguaxe literaria propia. Ó principio utilizouse un alfabeto árabe modificado. En 1930 foi substituído por un alfabeto baseado no latino e este á súa vez por outro adaptado do cirílico en 1938.

O alfabeto utilizado polo baskir é o mesmo que o alfabeto ruso, co engadido das seguintes letras: Ә ә Ө ө Ү ү Ғ ғ Ҡ ҡ Ң ң Ҙ ҙ Ҫ ҫ Һ һ.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]