Basket Xiria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Escola Basket Xiria
Información xeral
Nome CALVO BASKET XIRIA
Liga Liga EBA
Fundación 1985
Historia AD XIRIA Sección Basket(1985-2010)
Escola Basket XIRIA(2010-presente)
Cores           Verde e branco
Presidente Primitivo X. Reguera Rodríguez
Adestrador Héctor Méndez Vidal
Patrocinador CALVO
Localización
Cidade Galicia Carballo
Pavillón Pavillón da Zona Escolar (1 200)
https://escolabasketxiria.com

O Basket Xiria é un equipo de baloncesto pertencente á AD Xiria, da cidade de Carballo, A Coruña (Galiza), que compite na Liga EBA.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O Basket Xiria ten o seu antecedente no Bergantiños CB, fundado polo exfutbolista José Luís Pose Blanco “Chochi” en 1980. Logo de darse de alta na Federación Galega de Baloncesto, creouse un equipo sénior masculino, inscrito en categoría provincial, e outro infantil feminino. O Bergantiños CB mantívose co equipo sénior masculino ata a tempada 1985-86.

O 25 de xuño de 1985 a AD Xiria, presidida por Gema Paz Bello, creou a sección de baloncesto, con equipos cadetes masculino e feminino. Na tempada 1987-88 o equipo cadete masculino logrou disputar o campionato autonómico.[1]

O feito que marcou a engalaxe do baloncesto na comarca de Bergantiños foi o ascenso á 2ª División Autonómica na tempada 1994/1995. Con este paso, o baloncesto carballés pasou da división provincial a competir por toda Galicia.

Histora da AD Xiria[editar | editar a fonte]

A asociación naceu no ano 1983 para ocuparse dos chamados “deportes minoritarios” en Carballo, unha poboación que por aquel entón contaba con 13.000 habitantes. Naquel momento existían na vila dous equipos de baloncesto, que aparecían e desaparecían sen asentarse.

O primeiro equipo federado da A.D. Xiria, foi o de voleibol da categoría infantil masculina, que ademais disputou ese ano o Campionato de España. Posteriormente foron aparecendo as seccións de tenis de mesa, baloncesto, balonmán, atletismo e xadrez.

Co paso do tempo algunhas destas seccións deportivas desapareceron, permanecesen en funcionamento as dunha maior implantación deportiva e que contaban con persoas suficientes dentro do organigrama para mantelas en activo.

Nos primeiros anos o nivel de esixencia tanto organizativo coma orzamentario estaba cuberto, pero ao crecer o número de equipos así coma o cada vez maior nivel deportivo supuxo un aumento progresivo dos orzamentos. Tornouse necesaria unha separación clara das partidas económicas de cada unha das seccións, cada unha delas debería regular e responsabilizarse da súa relación ingresos/gastos.

A directiva, presidida entón por Luciano Calvo Pumpido, fixo que cada sección se autoxestionase. O nivel deportivo nas sociedades carballesa e bergantiñá aumentou como referente máis importante a nivel deportiva da comarca.

O desenvolvemento, 1995-2005[editar | editar a fonte]

Neste decenio asentáronse as bases para unha estrutura máis forte e máis equipos. O que marcou a engalaxe do baloncesto na comarca de Bergantiños foi o ascenso á 2ª División Autonómica na tempada 1994/1995. O baloncesto carballés deixaba a división provincial e pasaba a competir por toda Galicia.

A consecución do campionato e o ascenso a 1ª Autonómica da man de José María Malvar (exadestrador de 1ª División) supuxo o maior logro acadado por un equipo de baloncesto na comarca. O último partido de liga, disputado no polideportivo carballés, provocou un dos maiores cheos que se teñen rexistrado no Pavillón da Zona Escolar dende a súa inauguración. Ese mesmo ano, José María Malvar abandona a disciplina do Xiria, levando con el a un dos xogadores carballeses con máis proxección nese momento, Marcos Díaz Molk, ademais doutros coma Lucas Vilariño ou David Balseiro.

Na tempada 1996/1997 os carballeses lograron o terceiro posto na fase de ascenso á Liga EBA en Tui (Pontevedra), malia contar cun dos equipos máis novos e con menos experiencia da liga, sendo o adestrador Javier Cotelo e o coordenador da Sección de Baloncesto o ex xogador Primitivo X. Reguera Rodríguez “Primi”. A fichaxe de Miguel A. “Miki” Abarca e José M. “Pepe” Calvelo (ex xogadores da liga ACB) achegou a experiencia necesaria para consolidar o equipo carballés na categoría.

Na tempada (1996/97), máis de 75 deportistas da comarca, coordinados e dirixidos por seis adestradores, e agrupados nos seis equipos da sección, practicaban o baloncesto en Carballo. Para desenvolver a súa actividade deportiva, empregaban as instalacións municipais do Pavillón da Zona Escolar e o Pavillón Bergantiños.

Dende aqueles anos os equipos de baloncesto da Asociación Deportiva Xiria foron consolidándose nos seus respectivos campionatos.

O crecemento: 2005-2017[editar | editar a fonte]

O Club deu un gran salto na tempada 2005/2006. O día 7 de maio de 2006 en Pamplona, o Calvo Xiria da man de Óscar Lata Alonso, acadou o ascenso á Liga EBA, entrando así en competición estatal, despois de sete temporadas na Liga 1ª Nacional.

Este período foi relevante na historia da entidade. Durou 6 anos e no que pasaron por Carballo numerosos equipos profesionais, ata a tempada 2012/2013.

Escola Basket Xiria[editar | editar a fonte]

O ano 2006, coincide coa creación da Escola Basket XIRIA, o novo Club, presidido por Diego Vázquez Reino (ex xogador e adestrador do club) aglutinaría os equipos de Base do Basket Xiria, incrementa o número de participantes e a súa implicación e colaboración con outras entidades da comarca de Bergantiños e A Coruña.

Na tempada 2007/2008 o Club ficha novo adestrador para o equipo Sénior, Arturo Ferraces Martínez, que estivo durante 6 anos no primeiro equipo Calvo Xiria, para logo pasar a facer labores de director deportivo e profesionalizar a estrutura do Club. Coa engalaxe do Club en categorías base e formación, e cun aumento moi elevado de xogadores na canteira.

No ano 2007, Básquet Coruña e a Escola Basket Xiria asinan un convenio de colaboración, pioneiro no seu deseño, ao propoñer a coordinación das estruturas de base de ámbolos equipos co obxectivo de facilitar a evolución dos xogadores máis prometedores das súas canteiras. Seis xogadores procedentes de Básquet Coruña chegaron a formar parte do cadro de xogadores da Liga EBA na Escola Basket Xiria.

Na Copa Galiza de 2008 acadou as semifinais (único representante da súa categoría en conseguilo nesa edición), perdendo contra o equipo de LEB Oro, C.B. Rosalía de Castro (de Santiago de Compostela), nun partido no que os carballeses aguantaron algo máis de medio partido ante os composteláns, sendo este o seu mellor resultado na competición copeira.

En 2015 o club celebrou o seu 30 aniversario cunha serie de actos entre os cales salientou o enfrontamento entre os equipos da Liga LEB Ouro do Club Basquet Coruña e o Club Ourense Baloncesto, ademais presentouse un logotipo conmemorativo obra do carballés Alberte Sánchez Regueiro.[2] En xullo dese mesmo ano formalizouse a sinatura dun proxecto de ligazón entre os dous clubs representantes do baloncesto carballés, Escola Basket Xiria e Club Baloncesto Artai.

A xeración do 2000, os infantís que disputaron o Campionato de España de Clubs en Cambados no 2014. Xa como cadetes volveron disputar outro Campionato de España, en Andorra en 2016.

O traballo coa canteira dende idades temperás, cada 17 de maio no Día do Pequebasket, xunta en Carballo centos de nenos procedentes de clubs de toda Galicia, é un dos piares que a Escola Basket Xiria. Sempre coa filosofía de dar saída aos xogadores máis prometedores de Carballo e manter o traballo cos equipos de base cos principios de máxima calidade formativa e ambición competitiva.

Na tempada 2016/2017 créase o primeiro equipo Feminino Sénior na 2ª División Autonómica. Nesta tempada as xogadoras representaban o 49% dos 151 xogadores federados do Club.

Dende a tempada 2019/20 a Escola Basket Xiria, volve a ter por segunda época (anterior dende 2006 a 2012), un equipo en Liga EBA, o Calvo Basket Xiria,

2017-2025[editar | editar a fonte]

Na tempada 2017/2018 o Club Escola Basket Xiria, no que se creou a Sección de Laracha Basket Xiria, pretende profesionalizar o traballo na canteira da Comarca de Bergantiños e xunto ás Escolas Municipais de Ponteceso, os equipos de Carballo están a piques de chegar aos 300 xogadores e xogadoras. Nenos, rapazes e mozos que teñen un obxectivo común: divertirse xogando ao baloncesto.

Cóntase con diversos convenios de colaboración con clubs como o C.B. Artai e o Club Basquet Coruña, así como cos Concellos de Bergantiños (Carballo, A Laracha e Ponteceso), co Centro de Información á Muller (CIM) e con outros proxectos sociais, como o equipo Aspaber Basket Xiria.

Nestes anos dende a Directiva e Dirección Téncia, o que pretendemos e a consolidación do noso deporte en Carballo, na comarca de Bergantiños e zonas limítrofes.

Proxecto deportivo[editar | editar a fonte]

Tanto Carballo, undécimo núcleo por poboación en Galiza, coma a súa contorna (sobre todo os núcleos máis densamente poboados, coma o caso de Laracha, Coristanco, Malpica, Cabana, Zas etc.) presentan condicións para a creación dunha infraestrutura deportiva dirixida ao baloncesto. Estas condicións son:

  • Participación masiva no programa promovido polo Padroado Deportivo Municipal de Carballo, onde se controlan arredor de 2 300 nenos/as do municipio.
  • Competicións a nivel intracomarcal.
  • Traballo de base realizado nos últimos seis anos na A.D. Xiria.
  • Existencia de, cando menos, unha instalación deportiva en cada termo municipal, que permite unha práctica habitual do baloncesto.

Obxectivos[editar | editar a fonte]

  • Afianzar a sección de baloncesto, creando un primeiro equipo competitivo, que abra as portas aos novos valores de Carballo e a comarca.
  • Fomento do baloncesto en idades temperás (ligas locais e comarcais).
  • Escola de Basquet.

Xogadores emblemáticos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Historia" (en castelán). Baloncesto Xiria. Arquivado dende o orixinal o 21-10-2004. Consultado o 4-9-2018. 
  2. Ferreiro, José M. (23 de xaneiro de 2015). "La sección de baloncesto de Xiria conmemora su 30 aniversario". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 4 de agosto de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]