Basílica de Santo Apolinario o Novo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Basílica de San Apolinar o Novo»)
Basílica de Santo Apolinario o Novo
Fachada da Basílica
Datos xerais
PaísItalia Italia
Tipobasílica
AdvocaciónSanto Apolinario
LocalizaciónRávena
Coordenadas44°25′00″N 12°12′17″L / 44.416738, 12.2046Coordenadas: 44°25′00″N 12°12′17″L / 44.416738, 12.2046
CatalogaciónPatrimonio da Humanidade
Culto
CultoIgrexa Católica
DioceseArquidiocese católica latina de Rávena
Arquitectura
Construción505 - Primeiro cuarto do século VI
EstiloArquitectura paleocristiá
Arte bizantina
Páxina webhttps://www.ravennamosaici.it/basilica-di-santapollinare-nuovo/
Basílica de Santo Apolinario o Novo en Italia
Basílica de Santo Apolinario o Novo
Basílica de Santo Apolinario o Novo
Basílica de Santo Apolinario o Novo (Italia)
editar datos en Wikidata ]

A basílica de Santo Apolinario o Novo (en italiano: Basilica di Sant'Apollinare Nuovo) atópase na cidade de Rávena, na rexión histórica da Romaña (Italia), que actualmente forma parte da rexión de Emilia-Romaña. Está dedicada a santo Apolinario. Ergueuse por vontade de Teodorico o Grande no ano 505 para o culto ariano da súa xente, aínda que se consagrou ó culto católico no século VI, sendo dedicada a Martiño de Tours. A igrexa conta cun nártice. Dende o século IX a basílica leva o nome actual; o apelativo de Nuovo foille dado para distinguila doutra igrexa máis antiga chamada de Sant'Apollinare in Veclo.

A basílica de Santo Apolinario o Novo foi inscrita pola UNESCO na lista do Patrimonio da Humanidade en 1996 baixo o grupo de monumentos paleocristiáns de Rávena.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Unesco (ed.). "Early Christian Monuments of Ravenna" (en inglés). Consultado o 7 de agosto de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]