Baruya

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Os baruya son unha tribo que vive no interior de Papúa Nova Guinea, e constitúen un dos clans dominantes da súa zona.

Teñen unha economía basicamente agrícola, se ben tamén practican a caza pero nun sentido mais ben simbólico. A súa sociedade non posúe estamentos sociais, se ben existe unha clara distinción entre homes e mulleres, estando estas totalmente subordinadas.

Os homes controlan os métodos de fabricación das ferramentas e da produción, e as mulleres só poden exercer tarefas que un home nunca podería facer por se consideraren degradantes para o seu prestixio, como a cría de porcos, de pataca doces...

O motor máis importante da sociedade baruya son os ritos de iniciación, porque designan o status de cada individuo e as relacións socias q se terán q manter.

Pertencen o grupo de linguas anga

Os ritos de iniciación masculinos[editar | editar a fonte]

As iniciacións masculinas comezan á idade de sete anos cando os nenos son separados das súas nais, visten con roupas de nena; isto é debido a que inda pertencen ó mundo feminino do cal, mediante as iniciacións, abandonarán por completo. A partir desa idade pertencen ó mundo dos homes pero inda non son homes. A partir de agora vivirán na casa dos homes, e logo das iniciacións, pasarán a ser homes, mentres estarán considerados segundo o estadio de iniciación no cal estean. Os diferentes grados de iniciación son estes:

Muka- étapa de transición do mundo feminino ó mundo masculino

Yiveumbaye- 1º estadio da iniciación

Palittamounie- etapa de transición

Kavetnie- 2º estadio da iniciación

Pongwanie- etapa de transición

Tchuwanie- 3º estadio da iniciación

Kalave- etapa de transición

Munginie- 4º estadio da iniciación


Como se expón, a etapa de transición de cambio de mundo feminino a mundo masculino, chámaselle Muka, etapa na cal pasan todo tipo de probas, logo dun tempo nesta etapa, pásase ó primeiro estadio de iniciación chamado Yiveumbaye, na que estará os primeiros anos ata que comecen as cerimonias nas cales lle atravesan o nariz cun anaco de madeira negra e dura, chamada palitta, os iniciados pasarán á seguinte etapa chamada Palittamounie que é a etapa ou cerimonia de transición ó segundo estadio na cal deixan os seus vestidos medio femininos e vístense de homes: Kavetnie.

Chegada á idade dos quince anos pasan á etapa chamada Pongwanie, que é o nome da pluma que se lle pon como símbolo deste estadio e nesta cerimonia ou etapa tamén é cando se lle poñen os símbolos propios de dominación masculina, un pico de cálao caendo sobre un círculo aberto feito con xuncos aberto e rematado en defensas de xabarín e que representa o pene caendo sobre a vaxina dentada da muller. Máis adiante pasan á terceira etapa chamada Tchuwanie a máis importante de todas porque é na q se descobren se hai “grandes homes”, isto é, logo de ser iniciados co kwaimatnie correspondente seralles revelado se nesa promoción haberá un Aulatta ( gran guerreiro), un kulaka (gran xamán) ou un cazador de casuario e todo iso saberase co sono destes, porque á mañá seguinte aparecerán os obxectos que definirán se son ou non grandes homes. Este tipo de decisión non son nin máxicas nin aleatorias; depende do clan o q pertenzan e a súa liña xenealóxica e da predisposición do individuo. Para pasar á seguinte etapa terá que esperar a q lle veñan as menstruacións a súa prometida momento no cal os dous pasarán pola cerimonia de Tsangitnia ( comer sal, e non é xunta q é separada a da muller da do home) e logo desta cerimonia recibirá as insignias correspondentes á última etapa Munginie.

Estes cambios de estadías e de etapa de tránsito lévanse a cabo coa a axuda duns obxectos chamados kwaimatnie. Estes obxectos son de vital importancia para os baruya, porque o clan que os posúa terá maior prestixio e relevancia. Representan o poder fecundador da muller pero estando en mans dos homes, deste xeito tamén é unha forma de arrincarlle ese poder as mulleres. Este poder fecundador é simbólico, para eles é necesario, que para deixar de ser nenos, ten que haber algo que lles converta en homes e o desvincule totalmente coas mulleres.

Existe un kwaimatnie para cada estadio e cada clan importante ten un, así mesmo, os kwaimatnie existen por parellas un é o do sol (que representa o lado feminino e é o máis poderoso) e outro é o da lúa (que representa o lado masculino e non é tan poderoso).

Os grandes homes

O Aulatta, gran guerreiro

É o home que regula as relacións político-militares co resto das tribos. Tamén é o primeiro na liña de guerra e así mesmo son moi prestixiosos e reciben moito respecto na tribo

O Kulaka, chamán

No mundo chamánico é nun dos poucos nos que poden entrar as mulleres, pero con poderes limitados. As súas funcións son gardar a tribo de ataques doutros chamáns inimigos, curar enfermidades raras, e vixiar polas noites as almas dos seus.

O Kayareumala, o cazador de casuarios

É un reforzante da submisión a que esta sometido ó mundo feminino nesta sociedade, o casuasrio representa para eles unha presa que relacionan co mundo feminino, e polo tanto a súa caza representa a subordinación deste. O Tsaimaye, O fabricante de sal

A diferencia das outras tres esta non é unha clase especializada, todo o mundo podía ser fabricante de sal, menos as mulleres, se o mestre estaba disposto a ensinar. A sal no mundo Baruya é moi importante para poder intercambiala cos grupos veciños e así poder obter recursos que eles non poden obter nos seus campos.

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Godelier, M.: La Producción de grandes hombres: poder y dominación masculina entre los Baruya de Nueva Guinea. Madrid: Akal, 1986