Bartolomea Capitanio
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Este artigo é orfo, xa que carece doutros artigos que apunten cara a el. Por favor, engada ligazóns a esta páxina desde outros artigos relacionados con este. |
Bartolomea Capitanio (Lovere 1807 - 1833) foi unha relixiosa italiana, santa da Igrexa Católica dende 1950 que celebra a súa festa o 26 de xullo.
Naceu no seo dunha familia humilde, estudou coas clarisas da súa vila e en 1822 obtivo o título de profesora e comezou a dar clase na escola local, pero dous anos despois abre unha escola na súa casa para os nenos pobres e traballou tamén no hospital local. O 21 de novembro de 1832 fundou con Vicenza Gerosa a Congregación de María Meniña, actualmente denominada Irmáns da Caridade das santas Bartolomea Capitanio e Vincenza Gerosa, pouco despois morría de tuberculose.