Bartolomé de Raxoi
Bartolomé de Raxoi e Losada, nado en Pontedeume o 24 de agosto de 1690 e falecido en Santiago de Compostela o 17 de xullo de 1772, foi arcebispo de Santiago entre 1751 e 1772.
[editar] Traxectoria
Estudou gramática na súa vila natal, de onde pasou a Santiago de Compostela, ingresando no Colexio de San Xerome, obtendo o grao de bacharelato en leis. Logo de pasar á Coruña, graduouse como avogado. Posteriormente abrazou o estado eclesiástico, exercendo no cabido de Ourense e, logo, no de Lugo. En 1730 gañou a Penitenciaría de Santiago. Enviado a Madrid polo cabido compostelán, foi nomeado Comisario Xeral da Cruzada. O 30 de maio de 1751 foi designado polo rei Fernando VI de España Arcebispo de Santiago, posto que exerceu ata o seu falecemento.
[editar] Rajoy comitente
Ao longo do seu goberno ordenou unha serie de obras que contribuíron a mudar en boa parte a paisaxe urbana de Santiago. Entre elas cómpre salientar:
- A nova fachada da Acibechería, no lado norte da Catedral, aprobada en 1757.
- O novo Pazo de Raxoi (1766), que se destinaría no proxecto, en parte como seminario. Na actualidade é a sede do concello.
- A capela da Comuñón, tamén na catedral (presentación do Cabido en 1769).
- Hospicio, hoxe desaparecido.
Fóra de Santiago destaca a nova igrexa parroquial de Pontedeume, rematada en 1763, obra do mestre arquitecto Alberte Ricoi.
[editar] Bibliografía
- Couceiro Freijomil, Antonio, Historia de Puentedeume. 1926; 1989, 3ª ed.
- Otero Túñez, Ramón, Rajoy, constructor, in "Cátedra. Revista Eumesa de Estudios" (Pontedeume, 2001), nº 8, páx. 57 e ss.