Barthel Beham
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Barthel Beham (1502 – 1540) foi un gravador, miniaturista e pintor alemán.
O irmán máis novo de Hans Sebald Beham, naceu nunha familia de artistas de Nuremberg, aprendeu do seu irmán maior e de Albrecht Dürer e foi particularmente activo como gravador durante a década de 1520, creando pequenas obras dun magnífico detalle, foi un dos pequenos mestres. Fascinado coa antigüidade realizou moitas obras con Marcantonio Raimondi en Boloña e Roma.
En 1525, xunto co seu irmán e Georg Pencz, foi expulsado de Nuremberg por herexía, perdoado máis tarde non volveu á súa cidade natal e acabou establecéndose en Múnic en 1527 para traballar para os duques de Baviera, Guillerme IV e Luís X, converténdose nun dos principais retratistas da súa época.[1]
Notas [editar]
- ↑ A. H. Keane, Early Teutonic, Italian and French Masters