Barsowia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Barsowia foi un fanzine editado polo colectivo Polaqia e dedicado á banda deseñada. A súa liña editorial apostaba por unha BD de estética alternativa fuxindo dos *corsés das orientacións máis comerciais. O seu primeiro número publicouse no verao de 2003 e desde entón saíron varios números nos que colaboraron diversos artistas galegos da novena arte como son, por exemplo, David Rubín, Brais Rodríguez, Jano ou Kike Benlloch.

Sacaron 11 números, nos que chegaron a acadar o centenar de páxinas con obras de autores galegos e estranxeiros.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]