Barry Ryan
Barry Ryan, nado en Leeds (Yorkshire) o 24 de outubro de 1948, é un cantante de pop británico, que chegou ó éxito mundial co tema Eloise.
[editar] Traxectoria
Barry Ryan é o nome artístico de Barry Sapherson, fillo da cantante de pop Marion Ryan e de Lloyd Sapherson. Entrados os 60, Barry lanzouse como cantante e compartiu nun inicio o esceario co seu irmán Paul, un talentoso compositor.
O dúo Ryan logrou un modesto éxito nun inicio con temas como Don't Bring Me Your Heartaches, pero pronto comeza a chegar a fama, con temas como Have Pity on the Boy ou Missy, Missy (1966). Sen embargo a presión á que están sometidos causa que Paul saia do dúo; o estrés ó que está sometido é moi grande e os ataques de ansiedade e nerviosismo levárono a converterse no compositor do seu irmán.
Así pois, Barry logra colocarse rapidamente no gusto do público británico grazas ás composicións de Paul, e en 1968 chega o seu maior éxito mundial co tema Eloise. É un tema orquestral de trazos progresivos e melodramáticos. A voz de Ryan alcanza grandes momentos nesta gravación. O tema Eloise foi versioneado por moitos grupos e cantantes, como The Damned, ou Tino Casal.
Barry gozou de gran aceptación en Alemaña, gravou varios temas en alemán (como Die Zeit macht nur vor dem Teufel halt) Probablemente sexa o país onde tivo maior éxito (incluso máis que en Inglaterra), debido á gran promoción que lle facía a revista xuvenil "Bravo".
Barry Ryan deixou o mundo da música a mediados da década de 1970.
En 1990 lánzase un disco cos grandes éxitos de Barry compostos por Paul, falecido en 1992 a causa dun cancro.
Barry participou nunha xira en Gran Bretaña en 2003, sendo esta a súa última actuación en vivo, xa que desde entón vive retirado por completo do negocio musical.