Barroco
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa arte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa arte que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
O Barroco é un movemento cultural e artístico que tivo lugar principalmente durante o século XVII. O termo provén do francés baroque, de barocco, figura de siloxismo que os renacentistas aplicaban aos razoamentos absurdos, cruzado co portugués barroco, perla irregular ou, por extensión, xoia falsa.[1]
A cultura barroca nace dunha situación histórica concreta, que é a crise económica e social que as monarquías absolutistas e a Contrarreforma non puideron ocultar. Por esa razón, o home desa época refuxiouse nos avances da ciencia e na expresión artística e literaria. O Barroco caracterízase tanto polo esplendor artístico e cultural como pola decadencia social e económica.
O Barroco é unha reacción fronte ao manierismo, movemento elitista, complicado e intelectual e, en xeral, á orde estética renacentista, de beleza equilibrada e razoable. O Barroco non cifra o seu ideal na proporción bela, máis ben procura a realidade cotiá, con frecuencia tratada con extrema crueza. Á vez mostra gusto polo aparatoso e monumental, empregado como instrumento propagandístico tanto da monarquía como da Igrexa Católica.
Índice |
Pintura [editar]
Os pintores barrocos, mediante as súas obras, buscan a expresión, o sentimento interior, a paixón, o temperamento, o movemento e a profundidade, como se pode observar na obra de Velázquez As fiandeiras.
Con este estilo, nacen unha nova clientela, na que está a alta burguesía, a burguesía media acomodada, os nobres, a igrexa, as institucións públicas, etc.
Os cadros constan dunha temática variada: relixiosa, mitolóxica, retratos da vida cotiá, paisaxes, naturezas mortas, bodegóns, escenas de caza...
Brotan novos artistas especializadas para as temáticas:
- Vermeer, temas burgueses, cotiáns, tranquilos.
- Carracci, grandes frescos mitolóxicos.
- Claudio de Lorena, paisaxes.
- Rubens, aristocracia católica.
Escultura [editar]
A escultura barroca está moi vinculada coa arquitectura, como por exemplo, nos retablos.
Lírica [editar]
Os autores que máis destacaron na lírica do Barroco en España foron Quevedo e Góngora.
Teatro [editar]
Os autores de máis relevancia no teatro barroco en España foron Lope de Vega e Calderón de la Barca.
O Barroco galego [editar]
O esplendor do Barroco coincide cun momento de gran transformación social e económica de Galiza, coa fidalguía de pazo e a Igrexa coma clases directoras da sociedade[2].
O Barroco é un dos perídos álxidos da historia da arte galega, en especial no tocante á arquitectura e á retablística, de xeito tal que dende o Románico non se asistira a un afán semellante de renovación das fábricas relixiosas coma o que se vai desenvolver desde mediados do século XVII até a segunda metade do seguinte. Galiza asiste entón, tanto a nivel urbano coma rural, a un fenómeno de transformación das súas estruturas arquitectónicas e urbanas só comparable aos momentos culminantes de épocas históricas anteriores.
Hai que resaltar o rol xogado polo Cabido da catedral de Santiago neste pulo renovador, xa que a súa privilexiada situación económica, así coma o afán por conservar a catedral coma un dos edificios máis significativos da Cristiandade, leváronlle a se converter no decidido defensor dunha nova opción artística, a barroca, que desde alí irradiará por toda Galiza da man de arquitectos coma Andrade, Casas Novoa ou Ferro Caaveiro.
A recuperación económica que se dá en Galiza a partir dos primeiros anos do século XVIII vai propiciar a aparición dunha nova clientela, a pequena nobreza, moitas veces de segundóns de grandes familias cuxos primoxénitos se trasladaran á Corte, que acomete nese momento a construción de pazos, contrapunto da arquitectura eclesiástica.
A arquitectura galega no Barroco [editar]
A arquitectura barroca transformou Santiago de Compostela, centro do barroco galego, comezando pola catedral, á que se lle engadiron as torres e a fachada do Obradoiro.
A arquitectura civil está representada polos numerosos pazos.
- Arquitectos destacados
-
- Domingo de Andrade (1639-1712).
- Lucas Ferro Caaveiro (1699-1770).
- Fernando de Casas Novoa (1670-1750). Autor da fachada do Obradoiro, onde logra un gran efecto escenográfico grazas a abundante decoración e os efectos luminosos dos muros.
- Clemente Fernández Sarela (1716-1765).
- Construcións destacadas
-
- Fachada do Obradoiro da Catedral en Santiago de Compostela.
- Fachada do Mosteiro de San Martiño Pinario en Santiago de Compostela.
- Santuario de Nosa Señora das Ermidas nas Ermidas na comarca de Valdeorras.
Notas [editar]
- ↑ Dicionario Ir Indo
- ↑ Historia de Galicia. 2004.