Barreira lingüística

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Barreira de linguaxe»)

Unha barreira lingüística é un termo figurativo que se emprega para sinalar as dificultades que agroman cando unhas persoas queren comunicarse con outras e non comparten a mesma lingua. Tamén se pode empregar noutros contextos.

Barreiras lingüísticas e de comunicación[editar | editar a fonte]

Normalmente, nunha situación de barreira lingüística, non hai case comunicación sen que unha ou as dúas aprendan unha nova lingua, feito que precisa un grande investimento de tempo. Aprender unha lingua é un proceso contrario á comodidade, e as persones que a aprenden poden ter unha certa dificultade por "superar a barreira lingüística". Dificultades como estas pasan tamén no mundo comercial, como por exemplo en reunións de multinacionais, onde os servizos de interpretación de linguas poden ser caros, difíciles de obter e propensos ó erro, mais tamén se pode atopar no eido educativo, social ou sanitario.

En 1995, 24.000 dos estudantes de primeiro ano da Universidade de California (CSU, California State University) declararon que o inglés era a súa segunda lingua.

En 2012, a Fundación Rosetta[1] declarou o 19 de abril o "día sen barreiras lingüísticas". A idea detrás deste día era facer medrar a conciencia internacional sobre o feito que non son as linguas as que crean barreiras: as linguas non se deberían eliminar, non son unha barreira; ó contrario, deberían celebrarse. A celebración anual deste día ten como obxectivo crear conciencia sobre as barreiras lingüísticas e facer medrar os esforzos globais de tradución na comunidade mundial.

Barreiras lingüísticas e migración[editar | editar a fonte]

As barreiras lingüísticas tamén inflúen na migración. Os emigrantes dun país son máis propicios a trasladarse cara a un país onde se fale a mesma lingua. Por iso, a maior parte da emigración inglesa recente dirixiuse cara a Australia, o Canadá ou Nova Zelandia, a maior parte da emigración española cara a América Latina, e os portugueses ó Brasil. Aínda que o país de destino non fale a lingua do emigrante, é máis probable que reciba inmigración se se fala unha lingua relacionada coa emigrante. O exemplo máis claro é a gran migración de europeos cara ás Américas. Os Estados Unidos, co seu inglés xermánico dominante, atraeron en principio inmigrantes do norte de Europa, onde se falaban linguas xermánicas. Os devanceiros máis comúns da poboación dos Estados Unidos son alemáns, irlandeses e a maioría dos emigrantes escandinavos tamén se trasladaron ós Estados Unidos (ou á parte de fala inglesa do Canadá). Os europeos do sur, como por exemplo os italianos, eran máis propensos a trasladarse a países da América Latina; hoxe, a xente con ascendencia italiana é o segundo grupo máis grande da Arxentina, o Uruguai e o Brasil despois dos españois e os portugueses (no Brasil). Na última década, os romaneses escolleron España e Italia como destinos de emigración, con Alemaña en terceiro lugar.

Confusións sobre as barreiras lingüísticas[editar | editar a fonte]

Moitas veces dáse por suposto, cando existen diferentes linguas nunha mesma situación, que hai barreiras lingüísticas. As sociedades multilingües teñen linguas vehiculares e moitos dos seus membros xa aprenden máis dunha lingua, unha adaptación que, aínda que non elimina as barreiras lingüísticas á hora de entender, fai que as barreiras lingüísticas sexan franqueables.[2] Por exemplo, fálanse arredor de 300 linguas diferentes na cidade de Londres, pero os membros de cada grupo étnico conseguen adaptarse á sociedade inglesa e ser membros produtivos superando todo tipo de barreira lingüística.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Páxina oficial da Fundació Rosetta" (en inglés). Consultado o 12 de novembro de 014. 
  2. "Mother Tongues: Breaking the Language Barrier" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 07 de setembro de 2014. Consultado o 19 de novembro de 2014. 
  3. "Multilingual London" (en inglés). Consultado o 19 de novembro de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]