Baroncelle, Abadín
Coordenadas: 43°18′00″N 07°30′00″W / 43.3°N 7.5°W
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Baroncelle.
| Baroncelle | |
|---|---|
| Situación da parroquia no concello de Abadín. | |
| Concello | Abadín |
| Área | 6,67 km² |
| Poboación | (Ano 2006) 183 hab. |
| Densidade | 27,44 hab./km² |
| Entidades de poboación | 22 |
Santiago de Baroncelle é unha parroquia pertencente ao concello de Abadín. Nas súas 12 entidades de poboación vivían 183 veciños no 2006.
Índice |
[editar] Xeografía
Limita coas parroquias de Aldixe, As Goás, Abeledo, Corvite e Moncelos; tamén coas de Árbol e Carballido do concello de Vilalba. Pertence ao arciprestado de Terrachá da diocese de Mondoñedo-Ferrol.
[editar] Situación xeográfica da capital parroquial
-
- Latitude: 43º 18'
- Lonxitude: 7º 30'
- Superficie: 6,67 km²
[editar] Entidades e poboación
Dos 22 lugares recollidos na toponimia oficial 12 son entidades de poboación, sendo a densidade media de poboación no 2006, de 27,44 hab/km².
As entidades co seu respectivo número de habitantes no 2006 son as seguintes: A Abelleira (16), O Asperón (31), Augalevada (34), A Casavella (12), O Castiñeiro (13), O Fondo (6), A Fonte do Mouro (10), Golpilleiras (6), A Uceira Grande (29), Vacaferreira (11), O Valado (3) e Vilatán (12).
Outros lugares (que xeralmente forman parte dalgunhas das entidades) son: Os Barreiros, Os Caseiros, Cornello, A Fraga, O Lodeiro, Piñeiro, Porto do Río, Ríos, Seminaus e A Uceira Pequena.
[editar] Patrimonio
Aparece documentado o arciprestado de Baroncelle nunha doazón de Afonso VII, do "Castrum Baroncelli" do ano 1132.
Existe unha antiga igrexa parroquial de Santiago de Baroncelle nunha fermosa paraxe na aldea da Casavella. A igrexa construíuse no século XVII. Actualmente atópase en estado ruinoso e pechada ao culto. Ten unha soa nave de planta rectangular con capela maior cuadrangular e sancristía adosada. Sobre a fachada, pequena espadana dun so van. No seu interior un arco triunfal semicircular, retablo maior neoclásico, e dous retablos barrocos dos que destaca o retablo de San Rosendo, procedente da catedral de Mondoñedo.
[editar] Lugares e parroquias
[editar] Lugares de Baroncelle
| Lugares da parroquia de Baroncelle no concello de Abadín (provincia de Lugo) | |
|---|---|
|
A Abelleira | O Asperón | Augalevada | Os Barreiros | A Casavella | Os Caseiros | O Castiñeiro | Cornello | O Fondo | A Fonte do Mouro | A Fraga | Golpilleiras | O Lodeiro | Piñeiro | Porto do Río | Ríos | Seminaus | A Uceira Grande | A Uceira Pequena | Vacaferreira | O Valado | Vilatán |