Barbotina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fragmento de xarra feita con decoracións de molde á barbotina. Susa, século XI.

A barbotina (do francés barbotine, barboter, onomatopeia de "chapuzar") é unha pasta cerámica líquida que pode aplicarse con pincel ou cunha forma para crear decoracións en relevo sobre pezas de olaría.

A barbotina faise coa mesma arxila que o resto da peza, aínda que máis diluída. Utilízase tamén para colar na vasilla pedazos de terra aínda húmida.