Barbara West

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Barbara Joyce West Dainton, nada o 24 de maio de 1911 en Bournemouth, Dorset, e falecida o 16 de outubro de 2007 en Camborne, foi unha das dúas últimas supervivintes do naufraxio do RMS Titanic.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Contaba con 10 meses e 22 días de vida cando o Titanic chocou contra un iceberg o 15 de abril de 1912 no seu traxecto de Southampton a Nova York.

Era a segunda filla de Edwy Arthur West e Ada Mary Worth. A súa irmá maior era Constance Mirium. A familia West abordou o RMS Titanic en Southampton (na área de segunda clase. Barbara, a súa nai e súa irmá Constance, escaparon no bote número 10. O pai de Barbara non sobreviviu. Unha vez en Nova York abordaron o Celtic e regresaron a Ingleterra, onde Ada tivo unha terceira filla.

Casou en 1952 con William Ernest B. Dainton. Faleceu o 16 de octubre nunha residencia para anciáns en Camborne, Inglaterra. O funeral foi o 5 de novembro de 2007 na Catedral de Truro.

A outra supervivinte do desastre é Millvina Dean, nacida en Hampshire (Inglaterra), morreu no 2009.