Barbara

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Barbara
Barbara 1 (Repetities 1968-03-07 Grand Gala du Disque Populaire).jpg
Nome completo Monique Andrée Serf
Alias
Naceu 9 de xuño de 1930
Orixe París Francia
Morreu 25 de novembro de 1997
Ocupación (s)
Xénero
Instrumento(s) voz
Tipo de voz
Selo(s) discográfico (s)
Relacionado con
Tempo en activo
Web

Barbara (9 de xuño de 1930 en París como Monique Andrée Serf, † 25 de novembro de 1997 en Neuilly-sur-Seine) foi unha cantante francesa.

Mentres Francia estaba ocupada polos nazis e baixo o goberno de Vichy, ela tivo que se refuxiar na pequena vila de Saint-Marcellin en Isère xa que a súa familia era de orixe xudía. Despois da guerra e xa volta á normalidade un veciño que era profesor de música animouna a cantar e deulle leccións para matizar a súa voz ao tempo que se inscribía na Escola Superior de Música e cantaba na Fontaine des Quatre Saisons, un cabaret moi popular en París.

De 1950 a 1952 residiu en Bruxelas e entrou en contacto co mundo artístico local, unha casa alugada para tal fin canta co acompañamento do piano cancións de Édith Piaf, Juliette Gréco e Germaine Montéro.

De regreso a París coñece a Jacques Brel e interpreta moitas das súas cancións, acude a pequenos cabarets onde se fai cun público pequeno pero fiel, sobre todo composto de estudantes do barrio latino. En 1957 volta a Bruxelas para gravar o seu primeiro disco. En 1961 faise popular ó pasar a actuar no Montparnasse, aínda así continúa actuando en pequenos clubs ata que pasa ó Théâtre des Capucines, onde captura a atención da audiencia e dos críticos cun repertorio novo, o éxito fixo que asinara un contrato coa Philips.

A súa poesía lírica, o seu aspecto dramático e a profunda emoción da súa voz asegúralle un público que a vai seguir durante trinta anos, « Ma plus belle histoire d'amour c'est vous », « L'aigle noir », « Nantes », « La solitude » e Une petite cantate » son as cancións máis representativas desta época.

En 1965, o seu álbum « Barbara chante Barbara » convértese nun grande éxito comercial e gaña o premio da Académie Charles Cros.

En 1969 comezou a súa « Madame» de Albert Willemetz, onde Barbara interpreta a un travesti. En 1971 coprotagoniza con Jacques Brel o filme «Franz», dous anos despois apareceu en «L'Oiseau rare» realizada por Jean-Claude Brialy. A súa derradeira actuación foi en 1977 en «Je suis né à Venise» de Maurice Béjart.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: