Barba Azul

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Barba Azul
Barbebleue.jpg
Barba Azul nunha litografía de Gustave Doré.
Título orixinal La Barbe Bleue
Autor Charles Perrault
Ilustrador Gustave Doré
País Francia
Tema(s) Conto
Xénero(s) Conto de fadas, literatura infantil
Data de pub. 1697


Barba Azul (La Barbe bleue en francés e Bluebeard en inglés) é un conto de fadas de Charles Perrault, publicado en 1697, no que unha muller descobre como seu home oculta nun cuarto prohibido os cadáveres das súas anteriores donas.

Enredo[editar | editar a fonte]

Barba Azul era un rico aristócrata, temido polo seu aspecto fero e conduta salvaxe. Casara sete veces, mais ninguén sabía que fora das súas donas. As mulleres do lugar evitábano. Cando Barba Azul visitou a un seu veciño e lle pediu en matrimonio a algunha das súas fillas, elas sentiron tal pavor que tentaron colocarllo a outra das irmás. Finalmente, convenceu á irmá máis nova, e trala cerimonia conduciuna até o castelo onde moraba.

Ao pouco tempo Barba Azul anunciou que tiña que sair de viaxe unha tempada, entregou todas as chaves do castelo á súa nova dona, incluída a dun pequeno cuarto ao que lle prohibira entrar. Despois partiu e deixou a casa nas súas mans. De súpeto a dona sintiu un arelo insuperábel de ollar qué había no cuartiño prohibido, e finalmente unha das súas irmás, que estaba de visita, convenceuna para satisficer a súa curiosidade e abrir a porta.

O chan pingaba co sangue e os cadáveres das anteriores donas de seu home penduraban dos muros. Aterrorizada, fechou a porta, mais na chave ficou un pouco sangue. Barba Azul tornou máis cedo do previsto e inmediatamente se decatou do que a súa muller fixera. Cheíño de ira, ameazou coa decapitar naquel mesmo intre, así que ela se encerrou na torre máis alta xunta súa irmá. Mentres Barba Azul, cunha espada na man, tentaba abrir a porta, as irmás agardaban a chegada de seus irmáns. No derradeiro intre, cando Barba Azul está a piques de tirar coa porta, os irmáns irrompen no castelo e matan a Barba Azul cando este tenta fuxir.

Análise[editar | editar a fonte]

Malia ser coñecido coma un conto de fadas, crese que o personaxe de Barba Azul está baseado no nobre bretón do século XV e asasino en serie, Gilles de Rais.

Os temas do misterioso marido ausente, o suntuoso pazo, a irmá que incentiva a curiosidade ilícita e o prohibido (un tema central: compárese coa Caixa de Pandora e a historia de Adán e Eva), aparecen todos eles na historia helenística de Cupido e Psique.

A historia foi reimpresa en numerosas edicións até arredor da década de 1950, momento no que a súa popularidade decaeu ao se considerar cada vez menos axeitada para que os nenos a leran. O elemento central da historia é o descubrimento dos cadáveres das mulleres, Barba Azul era unha historia difícil de "rebaixar" para audiencias infantís, un factor que sen dúbida contribuiu ao descenso da súa popularidade.

Adaptacións[editar | editar a fonte]

  • A versión de Perrault reaparece no Blue Fairy book (O libro da Fada Azul), de Andrew Lang.
  • A novelista belga Amélie Nothomb publicou unha versión libre da historia, co título de Barbe bleue, editado en Francia en 2012 por Albin Michel. Nela, actualízase a trama do conto de Perrault no París dos nosos días, onde Saturnine, unha moza belga, hospédase coma inquilina na casa dun rico aristócrata de orixe española, que agocha na súa casa un misterioso cuarto prohibido.

Existen varias versións de Barba Azul para ópera:

En 1979, os estudios rusos Ekrán (Экран) rodaron unha curtometraxe musical cómica de debuxos animados baseado vagamente na historia de Barba Azul: Una barba muy azul (Очень синяя борода), con dirección de Vladímir Samsónov (Владимир Самсонов).[1]

Tamén existe unha canción composta por Patricio Rey y sus Redonditos de Ricota chamada Barbazul vs. el amor letal.

A banda jxponesa Sound Horizon realizou unha canción baseada na historia de Barba Azul no seu disco 7° Story CD: Märchen (Contos de fadas).

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • El Mariscal de las tinieblas. La verdadera historia de Barba Azul. Juan Antonio Cebrián. Editorial TEMAS DE HOY, S.A. 2005.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Barba Azul