Bar, Ucraína

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Bar - Бар, Ucraína")

Coordenadas: 49°04′30″N 27°40′34″E / 49.07500°N 27.67611°E / 49.07500; 27.67611

Bar, Ucraína
Бар (en ucraíno)
Прапор-Бар.jpg Barcoatofarms.png
Podoliabar.jpg
Vista de Bar
Situación xeográfica
Bar en Ucraína
Bar
Bar
País Ucraína Ucraína
Óblast Oblast de Vinnitsia
Raion Barskyi Raion
Xeografía
Altitude 169 msnm
Superficie 5,95 km2 km²
Poboación
Poboación 17.776 (2011)
Densidade 2.890 hab./km2
Información
Código postal 23000-23005
Alcalde Oleksiy Dzis
Páxina web Páxina oficial de Bar

Bar (Бар en ucraíno) é unha cidade de Ucraína, localízase na ribeira do río Rov na rexión histórica de Podolia. Conta con 16.600 habitantes (2004).

A orixe da cidade foi un pequeno posto comercial chamado Row. No século XVI a raíña Bona Sforza fundou unha fortaleza nun outeiro sobre o río e denominouno Bar, como homenaxe á súa cidade natal, Bari en Italia. En 1540 o rei Sexismundo I deulle á cidade dereitos de cidade. En 1648 os cosacos capturaron a fortaleza, e como consecuencia Bar quedou deshabitada. En 1672 pasou a poder do Imperio Otomán ata 1674 no que o rei Xoán III reconquistouna despois de catro días de asedio.

O 29 de febreiro de 1768 fundouse na fortaleza a Confederación de Bar formada por nobres polacos que se opuñan ao expansionismo ruso e aos reformistas polacos. Logo da Primeira Partición de Polonia a cidade pasou a poder de Rusia, e dende 1991 a Ucraína.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]