Banyuls-sur-Mer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Banyuls-sur-Mer
Localització de Banyuls de la Marenda.png

Localización na comarca do Rosellón.
Información
País Francia Francia
Rexión Flag of Languedoc-Roussillon.svg Languedoc-Rosellón
Departamento Pireneos Orientais
Superficie 42,43 km²
Poboación 4.644 hab. (2007)
Densidade 109,45 hab./km²
Alcalde Jean Rède
Banyuls beach 3 Luc Viatour.jpg

Banyuls-sur-Mer (en catalán: Banyuls de la Marenda) é unha comuna francesa situada no departamento dos Pireneos Orientais, na rexión do Languedoc-Rosellón. Pertence ao distrito de Céret e ao cantón de Côte Vermeille e contaba con 4.644 habitantes en 2007.

Limita cos municipios de Cerbère, Port-Vendres, Argelès-sur-Mer e Collioure e cos municipios españois de Colera, Rabós e Espolla no Alt Empordà. O seu termo vai desde os cero metros ao nivel do Mediterráneo ata os 965 m da Albera.

A historia de Banyuls-sur-Mer non se pode escribir sen mencionar a Cerbère, as dúas comunas, hoxe separadas, tiveron un pasado único, cuxa división levouse a cabo coa firma do Tratado dos Pireneos o 7 de novembro de 1659.

Historia[editar | editar a fonte]

A primeira mención da vila data do 981, con dúas denominacións: Balneum e Baldeola. Desde o ano 1074, aparece o nome: Bannils de Marítimo que diferencia este lugar de Banyuls-dels-Aspres. O termo Marenda cítase en 1197 (Banullis de Maredine) e, máis tarde, en 1674 aparece como Banuyls del Marende, para rematar, xa no século XIX cítase como Banyuls de la Marende.

Vista de Banyuls-sur-Mer

O nome Banyuls pode estar motivado pola presenza dunha lagoa. É o encoro da Bassa formado pola desembocadura do río Vallauria, que foi desecado en 1872. En canto ao termo Marenda non é seguro que sexa a denominación exacta de "marítimo", xa que a mesma toponimia atópase en Francia: Marennes, naqueles lugares nos que o mar non está próximo (por exemplo en Isère). Marenda, é, así mesmo, un apelido frecuente en Auvernia.

Durante a Revolución francesa, o collado de Banyuls desempeñou un papel esencial. En 1793, as tropas españolas do xeneral Ricardos invadiron o Rosellón, apoiadas, a miúdo, polos propios habitantes. Pero no collado de Banyuls a resistencia dos seus habitantes foi realmente efectiva, aínda que non puideron evitar que as tropas francesas fosen, finalmente, vencidas. Escribiuse moito acerca da resistencia das xentes de Banyuls: para algúns foi unha proba de patriotismo francés, para outros, unha reacción dos contrabandistas para os que o paso pola vila, baixo a influencia española, arruinaría os seus intereses. Certamente o contrabando era unha "especialidade" de Banyuls, o mesmo que as anchoas de Collioure. Durante case dous séculos, os pescadores de Banyuls, transportaron, segundo a época: sal, tabaco, azucre, arroz e tecidos, todo cunha impunidade case total.

Aos poucos a viticultura foi gañándolle o terreo á pesca e hoxe día, xunto co turismo, o viño doce natural e as súas adegas constitúen a actividade principal de Banyuls.

A finais do século XIX, concretamente en 1882, o zoólogo Henri de Lacaza-Duthiers fundou o laboratorio Arago, cuxas actividades, comprenden, na actualidade, tanto o ecoloxismo marítimo como o terrestre. Pódese visitar o acuario oceánico do laboratorio que contén máis de 250 especies representativas da fauna acuática mediterránea, situado nunha reserva mariña.

Demografía[editar | editar a fonte]

Evolución demográfica
1962 1968 1975 1982 1990 1999 2007
4.271 4.436 4.000 4.093 4.662 4.532 4.644

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Banyuls-sur-Mer