Banys de l'Almirall
Os Banys de l'Almirall (en galego: Baños do Almirante) é un edificio que se sitúa xunto co Pazo do Almirante de Aragón, no barrio da Xerea, dentro da Ciutat Vella de Valencia, de arquitectura islámica, construído no século XIII e utilizado até o XX.
Índice |
Historia [editar]
Aínda que son do século XIV, época de dominación cristiá, foron construídos seguindo o estilo e a tipoloxía da arquitectura islámica, e en son a mellor e case única mostra deste tipo de arquitectura na cidade de Valencia, onde todo foi arrasado coa chegada dos cristiáns.
A Valencia onde entraron os primeiros ocupantes cristiáns en 1238 era unha cidade moi ben provista de estabelecementos balnearios. O total de baños existentes e aquel momento podía achegarse aos vinte e cinco, cunha poboación duns 15.000 habitantes. Así e todo, non serían máis de cinco os baños que sobreviviron aos anos inmediatamente posteriores á conquista. É preciso agardar ao reinado de Jaume II (1291-1327) para a creación de novos estabelecementos balnearios de estrea.
Foi entón cando se construíron os baños de l’Almirall. O construtor do conxunto de edificios formado por un pazo, un forno, o baño e, probablemente, outros inmóbeis de carácter veciñal foi o cabaleiro e xurista Pere de Vila-rasa. As obres considéranse acabadas en 1320.
O hammâm ou baño de vapor árabe era da forma usual adoptada polos baños públicos nos reinos hispánicos medievais, e non só nos de tradición islámica, senón tamén en cidades que non formaron parte de Al-Andalus, como era Xirona. Así pois, aínda que segue a tradición dos baños de vapor árabes, os de l’Almirall foron construídos en época cristiá. É preciso dicir que estes son os baños públicos da cidade de Valencia que máis tempo estiveron abertos (case ininterrompidamente dende o século XIV até o XX).
O Baño de l’Almirall é un edificio de baños de carácter humilde que serve para coñecer como funcionaba a vida cotiá das clases menos favorecidas da cidade de Valencia. Desenvolvíase unha sociabilidade entre as mulleres e entre os homes, sexos que se xuntaban en días ou horarios distintos. O baño constituía un exercicio de hixiene práctica e permite coñecer as relacións sociais de cada unha das épocas.
O edificio consta de tres cámaras: a sala fría, a morna e a quente.
Sala Fría [editar]
A sala freda é rectangular cuberta con volta de canón, e con dez lucernas estreladas. Era a primeira sala, á cal se accedía dende o vestíbulo, que daba á rúa. Era una estancia de tránsito que dispoñía de latrinas e dun espazo por alzar os utensilios do baño. Tamén había unha pica de auga fría porque os bañistas a mesturaron con auga quente.
Sala Morna [editar]
Da fría accedíase á sala tèbia, onde a xente pasaba a maior parte do tempo. Esta sala, a máis bela do conxunto, é a dependencia de maiores dimensións. De planta rectangular está dividida en tres tramos mediante tres arcos que baixan en dúas columnas. O espazo central está cuberto por unha cúpula octogonal sobre trompas, e na cúpula ábrense lucernas estreladas. Os espazos laterais son rectangulares e están cubertos con volta de canón perforadas con lucernas estreladas.
Sala Quente [editar]
Dende a sala morna entrase á sala calenta, que ao igual que a fría, é de planta rectangular cuberta con volta de canón e con seis aperturas estreladas. Na boca da sala quente hai unha apertura que permite coller auga en ebulición; o aire quente producido polo lume da caldeira expandíase, a través dun hipocausto ou cámara de pouca alzada, baixo a terra da sala, e despois ascendía polo interior dos muros que limitan coa sala morna a través dunhas chemineas denominades escalfadors. A sala quente é a que definía o baño de vapor. Como o pavimento estaba moi quente, a xente verquía cubos de auga continuamente e xeraba vapor. Despois de pasar uns minutos en esta sala, os bañistas ían á sala morna para os masaxes e para charlar.
Outras dependencias [editar]
A fábrica é de muros sólidos e moi grosos para resistir a humidade e manter a calor, sen máis aperturas que as das miúdas portas de tránsito e as pequenas lucernas estreladas abertas e tapadas con vidros de cores. Habitualmente a este conxunto, o baño propiamente dito, engadíase unha sala con funcións de vestíbulo o lugar de repouso, ademais dos locais de servizo, como a sala da caldeira e o depósito de leña.