Bangladesh - বাংলাদেশ
| গণ প্রজাতঁত্রী বাংলাদেশ Gana Prajātantrī Bānglādesh |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Bangladesh é un estado recentemente formado, a partir da división do Paquistán do antigo Paquistán Oriental por problema internos entre ambas as partes do país, inconexas, separadas pola India e distantes máis de 2000 km entre si. Limita coa India ó oeste, norte e leste. Ó sueste ten límite con Myanmar. Ó sur, ten o seu litoral no Golfo de Bengala. Está totalmente no delta do río Ganxes.
É un dos países máis pobres do mundo.
Índice |
Historia [editar]
Desde moito tempo atrais a civilización fixouse no que agora é Bangladesh, na parte oriental da grande rexión coñecida como Bengala. Mosteiros budistas dan probas de civilización datando de antes de 700 a.C., e hai indicios de sociedade arredor do 1000 a.C. As primeiras civilizacións tiveron influencias budistas e/ou hindús. O norte de Bangladesh posúe varios sitios con arquitectura de masa, na forma de templos e mosteiros, onde hai probas de cada influencia.
Bengala tornouse islámica a partir do século XIII e desenvolveuse dentro dun próspero centro comercial e industrial baixo o dominio do Imperio Mogol durante o século XVI. Os comerciantes europeos chegaron no fin do século XV e finalmente a Compañía Británica das Indias Orientais dominou a rexión no final do século XVIII, a partir de onde os británicos estenderon o seu dominio sobre toda a India. Cando a independencia indiana foi alcanzada en 1947, motivacións políticas de orixe relixiosa causaron a división da rexión de Bengala entre o predominantemente musulmán Paquistán e a predominantemente hindú India.
Despois da independencia, Bengala foi dividida entre os dous novos países: a parte leste chamada de Bengala Oriental, correspondente ao actual Bangladesh, e a parte oeste, que é o estado indio da Bengala Occidental. A abolición do sistema Zamidari (que dividía a sociedade en señores propietarios dos bens e terras, e plebeos) na Bengala Oriental en 1950, foi o maior marco no movemento para levar ao “Estado Popular”. O Movemento da Lingua de 1952 estableceu o dereito da comunidade bengalí a falar a súa propia lingua. Paga a pena mencionar a importancia dese movemento, por ter sido a única revolución feita apenas para preservar o dereito á lingua mai, e por esta razón, a UNESCO recoñeceu o día 21 de febreiro como o día internacional da lingua mai. En 1955, o goberno do Paquistán mudou o nome da provincia de Bengala Oriental para Paquistán Oriental.
Paquistán Oriental era dominado e desprezado polo Paquistán Occidental, que compuña o resto do Paquistán (Punxab Occidental, Sindh, Baluquistán e a Provincia da Fronteira Noroeste). A frecuente explotación da poboación maioritaria bengalí por unha minoría non bengalí irritou o pobo de ambos os lados do Paquistán. A tensión chega ao máximo en 1971 cando, despois da divulgación do resultado das eleccións, que daba a maioría esmagadora do parlamento á Liga Awami (167 dos 169 asentos reservados ao Paquistán Oriental), o presidente paquistaní Yahya Khan rexeitou aceptar o resultado.
Baixo o liderato de Sheikh Mujibur Rahman, tamén coñecido como Bongobondhu (amigo de Bengala), Bangladesh comeza a súa loita pola independencia. O ataque do exército paquistaní no 25 de marzo de 1971 sobre os civís bengalís foi un dos mais sanguentos xenocidios en tempos recentes. Practicamente toda a elite intelectual bengalí foi eliminada. Debido ao esforzo do Paquistán Occidental en manter o país libre de xornalistas estranxeiros, os números precisos do xenocidio son difíciles de conseguir, mais estímase en 50.000 o número de mortos nos primeiros tres días da entón chamada “Operación Holofote” do exército paquistaní. Mais de dez millóns de bengalís fuxiron para a veciña India.
A Guerra da Liberación de Bangladesh tivo lugar durante a Guerra Fría. Os Estados Unidos e maila China, ao consideraren a guerra un asunto interno do Paquistán, preferiron apoiar o Paquistán Occidental. Por outra banda, a India, URSS, Xapón e os países occidentais demostraron solidariedade con Bangladesh. Para gañar vantaxe sobre o eixo China-Estados Unidos-Paquistán, o Tratado de Amizade Indo-Soviético foi asinado o 9 de agosto do 1971.
A India, debido á súa localización xeográfica e ao seu antagonismo militar co Paquistán, apoiou vehementemente a Guerra da Liberación, especialmente despois de que a URSS tamén apoiase a causa. Estratexicamente, a independencia de Bangladesh significaría un punto menos de ataque do Paquistán á India. Certamente o goberno rexional daría apoio ás terras dos grupos étnicos. O 27 de marzo do 1971, a primeira ministra da India Indira Gandhi, expresou total apoio á loita bengalí pola liberdade. A fronteira Bangladesh-India foi aberta. Os gobernos dos estados indios de Bengala Occidental, Bihar, Assam, Meghalaya e Tripura estableceron campos de refuxiados ao longo da fronteira. Eses campos tornaron de inmediato lugares de recrutamento para combatentes na loita pola liberación bengalí. O cuartel xeral das forzas de Bangladesh foi establecido en Calcuta, comezando a funcionar o 12 de abril de 1971. O tenente coronel M. A. Rab e o capitán A. K. Khandaker foron designados como Xefe e Vice-Xefe respectivamente.
Durante a guerra, baixo severa oposición do goberno do Paquistán, a BBC continuou a cobertura a través da radio BBC Bangla no sur da Asia. Entre os esforzos internacionais para aumentar a concienciación houbo o “Concerto para Bangladesh” promovido polo ex-Beatle George Harison.
Sheikh Mujibur Rahman, identificado como o influenciador mais carismático dos bengalís, foi preso polo goberno paquistaní. Antes de ser preso, fixo unha declaración formal de independencia o 26 de marzo. Desde entón o 26 de marzo é considerado o día da independencia de Bangladesh. Primeiro M. A. Hannan o 26 de marzo e deseguido o 27 de marzo Ziaur Rahman, entón maior do exército, que se tornaría despois presidente, declaran a independencia de Bangladesh en nome do Pai da Nación Bongobondhu (Sheikh Mujibur Rahman), usando un transmisor de radio temporal en Kalurghat próximo ao porto da cidade de Chittagong (aínda que algunhas persoas de Bangladesh, particularmente os membros do Partido Nacionalista de Bangladesh dixesen que Sheikh Mujibur Rahman foi quen declarou a independencia de Bangladesh primeiro). Coa axuda dos oficiais bengalís do exército, o apoio humanitario de civís e militares da India, Bangladesh rapidamente formou o Mukti Bahini (Combatentes da Liberdade), un grupo armado. Alén dos perturbadores ataques ao exército paquistaní residente, o Mukti Bahini deu apoio de intelixencia local ás tres unidades tácticas de 80.000 soldados do exército indio que atacaron o exército paquistaní de ocupación no comezo de decembro de 1971. O tenente xeneral A. A. K. Niazi, do exército paquistaní, rendeuse ao exército indio o 16 de decembro de 1971. A India fixo 93.000 prisioneiros de guerra que foron mantidos en campos na India para evitar a furia da poboación de Bangladesh. A nova nación de Bangladesh fíxose efectiva e Sheikh Mujibur Rahman, preso polo Paquistán en marzo, retornou triunfalmente para ser o primeiro ministro da nación. A India retirou as súas tropas de Bangladesh tres meses despois do final da guerra. O Paquistán, axudado por partidarios en Bangladesh, cometeu crimes de guerra antes e durante o conflito e as lembranzas do horror entre os bengalís non cicatrizaron ata hoxe.
Sheikh Mujibur Rahman tornouse despois presidente de Bangladesh. El, xunto coa maioría da súa familia, foi masacrado por un grupo de oficiais do exército decepcionados co goberno o 15 de agosto de 1975. Despois da súa morte, o Maior Xeneral Khaled Mosharraf conduciu un golpe militar o 3 de novembro de 1975. Khaled Mosharraf foi asasinado nun contragolpe o 7 de novembro de 1975, en Dhaka, levando ao Xeneral Ziaur Rahman ao poder. El enseguida gañaría a Presidencia. Mais en 1981, Ziaur Rahman morreu noutro golpe, en Chittagong. En 1982 o Xeneral Hosain Mohammad Ershad conduciu un sanguento golpe e despois o presidente Ahsan Uddin Choudhury, un ex-membro da Suprema Corte de Xustiza. Ershad despois declarouse a si mesmo presidente e inaugurou un novo partido político denominado Xanadal, que el despois renomeou como Partido Jatiya. O goberno de Ershad durou ata 1990. Unha revolta popular forzou a Ershad a renunciar e abrir camiño a unha democracia parlamentaria. Desde entón, Bangladesh tivo tres mandatos de goberno electos democraticamente.
Política [editar]
O Presidente, que ocupa o posto de Xefe de Estado, posei un posto maiormente cerimonial, ficando o poder real no Primeiro Ministro, que é o Xefe de Goberno. O presidente é electo para un mandato de 5 anos e os seus poderes limitados son substancialmente expandidos durante os períodos de goberno provisorio, principalmente controlando a transición ao novo goberno. Un goberno provisional, presidido por un conselleiro en xefe (o último Xefe de Xustiza) e un grupo de conselleiros independentes elixidos pola sociedade civil, toma o poder durante os tres meses de campaña electoral ao parlamento. Durante este período o presidente ten xurisdición sobre o Ministerio de Defensa e do de Asuntos Exteriores.
O primeiro ministro é nomeado polo presidente e debe ser un membro do parlamento que teña o liderato sobre os demais membros do parlamento. O gabinete é composto de ministros seleccionados polo primeiro ministro e nomeados polo presidente.
O parlamento único de Bangladesh é a Casa da Nación ou Jatiya Sangsad, composta de 300 membros electos polo voto popular para 5 anos de mandato. O alto corpo xudicial é a Suprema Corte, sendo os xefes do Tribunal Superior de Xustiza e outros xuíces nomeados polo presidente.
Organización territorial [editar]
- Artigo principal: Organización territorial de Bangladesh.
Bangladesh está dividida en seis rexións chamadas divisións. Cada unha delas ten o nome da súa capital:
Cada unha destas divisións está, á súa vez, dividida en distritos chamados zilas que á súa vez están divididos en subdistritos chamados upazilas ou thanas.
En total Bangladesh ten 6 divisións, que conteñen a 64 zilas as cales están formadas por 460 upazilas.
Subdivisións [editar]
Xeografia [editar]
Bangladesh está emprazado nun delta dun río no subcontinente indio o cal ten unha costa composta dunha extensa xungla pantanosa no golfo de Bengala coñecida como o Sundar Ban ("fermosa selva"), hábitat natural do tigre de Bengala. O delta tan densamente poboado está formado pola confluencia dos ríos Ganges (nome local: Padma), Brahmaputra (Yamuna), e Meghna e os seus afluentes, os cales descenden desde o Himalaia. As terras de aluvión de Bangladés son moi fértiles á vez que vulnerables ás inundacións e á seca. Unha importante parte do territorio de Bangladesh formouse a partir dos sedimentos que os múltiples ríos que se entrelazan e flúen na rexión depositaron.
As únicas montañas fóra da chaira son os treitos de outeiros de Chittagong (montaña de máxima altura: o Keokradong con 1230 m) no sueste e a división de Sylhet no nordés.
A medio camiño do trópico de Cancro, o clima de Bangladesh é tropical, cun inverno suave desde outubro ata marzo, un húmido e caloroso verán desde marzo ata xuño e un monzón húmido, cálido e chuvioso desde xuño ata outubro. Os desastres naturais como as inundacións, ciclóns tropicais ou os tornados afectan ao país todos os anos, coas súas consecuencias en deforestación, a degradación da terra e a erosión.
Dhaka é a capital do país e a cidade máis grande. Outras cidades importantes son Chittagong, Rajshahi e Khulna. Cox's Bazar, ao sur de Chittagong, é a praia natural máis longa do mundo, cuns 120 quilómetros de lonxitude.
Bangladesh consiste principalmente nun grande delta de río localizado no subcontinente indiano con un grande litoral cuberto de bosques pantanosos na Baía de Bengala coñecidos como Sudarbans, lar do tigre real de Bengala. O densamente populoso delta é formado pola confluencia dos ríos Ganxes (en bengalí Padma), Brahmaputra (Xamuna) e Meghna e mailos seus afluentes que nacen no Himalaia. O chan aluvial de Bangladesh é altamente fértil mais é vulnerábel á secas e inundacións. Montañas se elevan sobre a planicie apenas nas montañas de Chittagong, sendo o punto mais elevado o Keokradong con 1.230 m no afastado suroeste e en Syllet a noroeste.
Cortado polo Trópico de Cáncer, Bangladesh posúe un clima tropical con inverno brando de outubro a marzo, quente e húmido no verán de marzo a xuño e húmido, quente e chuvioso de monzóns de xuño a outubro. Calamidades naturais, como cheas, ciclóns tropicais, tornados, afectan o país anualmente, combinados cos efectos do desforestación, degradación do solo e erosión.
Dhaka é a capital do país e tamén a maior cidade. Outras grandes cidades son Chittagong, Raxshahi, e Khulna. Cox's Bazar, ao sur de Chittagong, posui unha praia ininterrupta de 120 km, sendo frecuentemente considerada como a mais longa praia mariña.
Economía [editar]
- Artigo principal: Economía de Bangladesh.
A pesar de prolongados esforzos nacionais e internacionais para mellorar a situación económica e social, Bangladesh continua sendo unha nación subdesenvolvida, e super-populosa. Aínda que mais da metade do PIB sexa xerado polo sector de servizos, mais ou menos dous terzos da poboación son empregados do sector agrícola, sendo o arroz o produto mais importante.
Entre os maiores impedimentos para o crecemento inclúense frecuentes ciclóns e cheas, un rápido crescimento na forza de traballo que non ten sido absorbida pola agricultura, uso ineficiente dos recursos enerxéticos (como o gas natural), suprimento insuficiente de enerxía eléctrica, e a implementación lenta de reformas económicas, causadas por batallas políticas e corrupción. No2001, 2002 e 2003, a Transparencia Internacional colocou Bangladesh no cumio da lista dos países mais corruptos do mundo.
Desde xuño de 2004 Bangladesh ten sido devastado pola pior chea dos últimos 6 anos, que levou á morte 628 persoas, cubrindo cerca de 60% do país. Cerca de 20 millóns de persoas están precisando de comida por causa da perda das colleitas, e a industria téxtil que fica con cerca de 80% do que o país exporta, tivo seus lucros diminuídos. Estimacións oficiais identifican prexuízos de cerca de US$ 7 billóns.
Mapas e imaxes [editar]
|
||||||||