Bangkok - กรุงเทพมหานคร

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.

Coordenadas: 13°45′N 100°28′E / 13.75°N 100.467°E / 13.75; 100.467

Bangkok - กรุงเทพมหานคร
Seal Bangkok.png Flag of Bangkok.svg
Bangkok montage 2.jpg
Situación xeográfica
Thailand map CIA.png
Estado: Flag of Thailand.svg Tailandia
Rexión: Rexión Central
Xeografía
Altitude: msnm
Superficie: 1.563´78 km²
Poboación
Poboación total: 8.160.522 hab. (2007)
Densidade de poboación: 4.051 hab/km²
Xentilicio:
Información
Código postal: 10###
Alcalde:
Sitio na web: www.city.bangkok.go.th

Bangkok, (en tailandés กรุงเทพฯ, กรุงเทพมหานคร, ou Krung Thep Maha Nakhon na súa forma curta) é a capital de Tailandia, a cidade localízase na ribeira leste do río Chao Phraya, preto do Golfo de Tailandia. Ten 6.355.144 habitantes

Índice

Historia [editar]

Artigo principal: Historia de Bangkok.

Bangkok comeza como un pequeno porto e centro comercial chamado Bang Makok que servía á cidade de Ayutthaya, capital de Siam ata 1767. En 1782 o rei Rama I construíu un palacio na ribeira norte e fixo de Bangkok a súa capital, dándolle o nome de Krung Thep. Bangkok deixou de existir, pero o seu nome continua a ser empregado polos estranxeiros.

Nome completo [editar]

กรุงเทพมหานคร อมรรัตนโกสินทร์ มหินทรายุธยามหาดิลก ภพนพรัตน์ ราชธานีบุรีรมย์ อุดมราชนิเวศน์ มหาสถาน อมรพิมาน อวตารสถิต สักกะทัตติยะ วิษณุกรรมประสิทธิ์ ou Krung Thep Mahanakhon Amon Rattanakosin Mahinthara Ayuthaya Mahadilok Phop Noppharat Ratchathani Burirom Udomratchaniwet Mahasathan Amon Piman Awatan Sathit Sakkathattiya Witsanukam Prasit o que significa A cidade dos anxos, a gran cidade, a cidade da alfaia completa, a cidade impenetrable do deus Indra, a gran capital do mundo dotada con nove xemas preciosas, a cidade feliz, que abunda nun enorme pazo real que se asemella á casa divina onde reina o deus reencarnado, unha cidade dada por Indra e construída por Vishnukarn.

Administración [editar]

Edificio do Goberno en Bangkok.

Administrativamente, Bangkok é unha das dúas áreas de administración especial de Tailandia, (a outra é Pattaya), ondes os cidadáns votan para elixir ao seu gobernador, a diferenza de nas outras 75 provincias (changwat) de Tailandia.

A dispersión urbana da Grande Metrópole de Bangkok espállase máis aló das fronteiras da provincia de Bangkok, ocupando as provincias veciñas de Nonthaburi, Samut Prakan e Pathum Thani. A provincia, como é actualmente, foi creada en 1972, cando a anterior provincia de Bangkok (changwat Phra Nakhon) foi fusionada coa provincia Thon Buri.

Mapa de Bangkok cos seus 50 distritos

Bangkok está subdividido en 50 distritos (khet, tamén chamados amphoe como nas outras provincias), que son subdivididos en 169 khwaeng (แขวง).

Véxase tamén [editar]

Outros artigos [editar]

Wat Arun e Chao Phraya.

Ligazóns externas [editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:


Provincias da Tailandia Bandeira de Tailandia

Amnat Charoen | Ang Thong | Bueng Kan | Buri Ram | Chachoengsao | Chai Nat | Chaiyaphum | Chanthaburi | Chiang Mai | Chiang Rai | Chon Buri | Chumphon | Kalasin | Kamphaeng Phet | Kanchanaburi | Khon Kaen | Krabi | Lampang | Lamphun | Loei | Lop Buri | Mae Hong Son | Maha Sarakham | Bangkok | Mukdahan | Nakhon Nayok | Nakhon Pathom | Nakhon Phanom | Nakhon Ratchasima | Nakhon Sawan | Nakhon Si Thammarat | Nan | Narathiwat | Nong Bua Lam Phu | Nong Khai | Nonthaburi | Pathum Thani | Pattani | Phangnga | Phatthalung | Phayao | Phetchabun | Phetchaburi | Phichit | Phitsanulok | Phra Nakhon Si Ayutthaya | Phrae | Phuket | Prachin Buri | Prachuap Khiri Khan | Ranong | Ratchaburi | Rayong | Roi Et | Sa Kaeo | Sakon Nakhon | Samut Prakan | Samut Sakhon | Samut Songkhram | Saraburi | Satun | Si Sa Ket | Sing Buri | Songkhla | Sukhothai | Suphan Buri | Surat Thani | Surin | Tak | Trang | Trat | Ubon Ratchathani | Udon Thani | Uthai Thani | Uttaradit | Yala | Yasothon |

editar