Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
"Bang" é unha canción da banda inglesa de rock alternativo Blur, editada como sinxelo do seu álbum Leisure o 29 de xullo de 1991. Foi case repudiada pola banda, que afirma que a compuxo en 15 minutos debido ás demandas da discográfica para lanzar un sinxelo, e case nunca a tocaron ao vivo.
A súa decepcionante resposta en comparación coa do anterior sinxelo "There's No Other Way" marcou o final da primeira etapa de popularidade de Blur, que non sería igualada ata a edición de "Girls & Boys" tres anos despois. O sinxelo só acadaría o posto 24 na lista británica de sinxelos[1].
[editar] Listaxe de cancións
- "Bang" (extended)
- "Explain"
- "Luminous"
- "Uncle Love"
[editar] 7" e casete
- "Bang"
- "Luminous"
- "Bang"
- "Explain"
- "Luminous"
- "Berserk"