Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira dos Estados Federados de Micronesia
 |
|
|
A bandeira dos Estados Federados de Micronesia foi adoptada o 10 de novembro de 1979. O campo azul representa o Océano Pacífico, mentres que as catro estrelas brancas representan os catro grupos de illas que compoñen a Federación: Chuuk, Pohnpei, Kosrae e Yap.
Un deseño similar con seis estrelas en vez de catro utilizouse a partir de 1965 para o Territorio en Fideicomiso das Illas do Pacífico, cando tamén se representaba a Palau, as Illas Marshall e as Marianas do Norte, que decidiron non integrarse na Federación. (Kosrae era entón parte da illa Pohnpei, polo que ambas foron representadas por unha soa estrela.)
Bandeiras históricas [editar]
-
Bandeira de Estados Unidos, usada de 1944 a 1979.
-
-
Bandeiras compoñentes dos Estados Federados de Micronesia [editar]