Bandeira do Taxiquistán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira de Taxiquistán
Bandeira de Taxiquistán
Uso
FIAV 111000.svgFIAV normal.svg
Proporción 1:2
Adopción 24 de novembro de 1992
Cores      Vermello

     Branco      Verde      Dourado

A bandeira do Taxiquistán foi adoptada o 24 de novembro de 1992 trala independencia acadada por dito país, sendo a derradeira das ex Repúblicas Soviéticas en adoptar emblemas propios trala disolución da Unión Soviética.

A bandeira, de proporción 1:2, está composta por tres franxas horizontais de cores vermella, branca e verde tendo os anchos unha relación 2:3:2. No centro da franxa central branca atópase un emblema de cor dourada composto por una coroa estilizada rodeada de sete estrelas de cinco puntas en forma de semicírculo.

A cor vermella representa a unidade da nación, a branca as plantacións de algodón e a neve das montañas, e a verde á natureza do país e as súas vales.[1]

A bandeira actual é similar á bandeira da anterior República Socialista Soviética do Taxiquistán, deseñada en 1952 composta polo fondo vermello co símbolo da fouce e o martelo (igual ca bandeira da Unión Soviética) e unha franxa branca e unha franxa verde de menor tamaño localizadas sobre a mitade inferior da tea. O símbolo comunista foi eliminado da bandeira en 1991 trala independencia taxica e mantívose o deseño ata a adopción da actual bandeira.

Anteriormente, a RSS do Taxiquistán usou outros emblemas, todos compuestos co tradicional fondo vermello e no ángulo superior esquerdo diversos lemas, que incluían tanto a fouce e o martelo coma o nome do estado en taxico o en ruso (РСС Тоҷикистон e Таджикская CCP, respectivamente) en cor dourada.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Tajikistan Embassy in the U.S.Symbols. (en inglés)

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Bandeira do Taxiquistán