Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira de Sudán do Sur
 |
|
|
A bandeira de Sudán do Sur adoptouse tras asinar o Acordo Xeral de Paz que puxo fin á Segunda Guerra Civil Sudanesa. A bandeira foi utilizada anteriormente como a bandeira de Sudán polo Exército de Liberación do Pobo de Sudán. A bandeira é similar á bandeira de Quenia coa adición dun triángulo azul e unha estrela de ouro dentro do triángulo. As cores representan a poboación sudanesa do Sur (negro), o sangue ciscado pola liberdade (vermello), a terra (verde), a estrela de ouro representa a Estrela de Belén, como unión dos estados de Sudán do Sur. A bandeira de Sudán do Sur é unha das dúas bandeiras de seis cores que hai no mundo, xunto coa Bandeira de Sudáfrica.
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
Ligazóns externas [editar]