Bandeira de San Vicente e Granadinas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira de San Vicente e Granadinas
Bandeira de San Vicente e Granadinas
Uso
FIAV 111111.svgFIAV normal.png
Proporción 7:11
Adopción 21 de outubro de 1985
Cores      Amarelo     Verde     Azul

A bandeira de San Vicente e Granadinas foi adoptada el 21 de outubro de 1985. É unha bandeira composta por tres franxas verticais de cor azul (a máis próxima ó mastro), amarela (a central) e verde (a exterior). A franxa amarela é de dobre anchura respecto ás outras dúas e contén, na súa parte central a letra V, formada con tres rombos ou diamantes verdes, dous situados nos extremos e o terceiro no centro.

Os rombos ou diamantes verdes forman a letra V, inicial de San Vicente que da nome ó país. A cor verde representa a vexetación exuberante de San Vicente e a permanente vitalidade da súa poboación. Esta cor tamén alude ó termo que define a San Vincente e as Granadinas como "as xemas das Antillas". A cor azul simboliza o ceo e o mar que rodea as illas. O amarelo representa a cordialidade, o espírito alegre dos seus habitantes e as douradas praias das Granadinas.

A bandeira de San Vicente e Granadinas tamén é coñecida polo nome de “as xemas”.

Outras bandeiras[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]