Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira de San Mariño
 |
|
|
A Bandeira de San Mariño (en italiano: Bandiera di San Marino) está composta por dúas franxas horizontais do mesmo tamaño, de cor branco a superior e azul claro a inferior. A bandeira do Estado incorpora o Escudo Nacional no centro.
No brasón figuran tres torres (as Tres Torres de San Mariño) sobre tres picos, rodeados por unha póla de loureiro e outra de aciñeira rematado cunha coroa pechada como símbolo da súa soberanía. Na parte inferior do escudo figura, nunha cinta branca, o lema nacional: LIBERTAS (do latín: liberdade). Tamén é frecuente que se omita o escudo en bandeiras civís.
[editar] Outras bandeiras
-
Bandeira civil (proporción 3:4)
-
Garda saudando á Bandeira Nacional
-
Bandeira de San Mariño entre 1465 e 1797
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas