Bandeira de Ruanda
|
A bandeira nacional de Ruanda foi adoptada o 25 de outubro do 2001. Trátase dunha bandeira dividida en tres franxas horizontais coas cores azul (a superior), amarelo (a situada no centro) e verde (a inferior). Na bandeira hai dúas tonalidades diferentes de amarelo: o denominado amarelo estándar para a franxa central e o denominado amarelo sol polo sistema Pantone para o sol da esquina superior dereita.[1] A franxa superior posúe un grosor do dobre de tamaño respecto ás duas inferiores. No cadrante superior máis alonxado do mastro aparece representado o sol dentro da franja azul, que representa a ilustración, á luz que aclara progresivamente a todo o pobo, isto traduce a unidade, a transparencia e a loita contra a ignorancia.[2] A bandeira representa a unidade nacional, o pespeto polo traballo, o heroísmo e a confianza no futuro.[1].
A bandeira foi deseñada por Alphonse Kirimobenecyo.
Índice |
[editar] Significado das cores
O significado das cores da bandeira é o seguinte:
- Amarelo: representa o crecemento económico. Os ruandeses débense aplicar ao traballo para chegar a un desenvolvemento económico duradeiro.
- Verde: representa a prosperidade, grazas ao emprego racional da forza dos ruandeses e dos recursos do país.
- Azul: representa o optimismo e a boa sorte.[2][1]
O vermello está ausente na bandeira, mais non da simboloxía oficial. Trátase amais do único país que presenta unha simboloxía para unha cor non presente. O vermello simboliza pois as masacres pasadas e o sangue que foi vertido nelas. A súa ausencia da bandeira simboliza a ruptura co espírito do xenocidio.
[editar] Bandeiras anteriores
A antiga bandeira de Ruanda, creada oficialmente o 25 de setembro de 1961 e confirmada no momento da plena independencia o 1 de xullo de 1962, estaba composta, como a bandeira de Guinea, por tres franxas verticais do mesmo tamaño e locía as cores panafricanas: vermello (a máis próxima ao mastro), amarelo (a central) e verde). Na franxa central da bandeira ruandesa figuraba, dende 1962, a inicial do nome do país "R" en cor negro para diferenciala da guineana.
A nova bandeira foi adoptada no 2001 en contestación ao período de transición que coñeceu o país ao saír do xenocidio. Estaba en efecto demasiado vinculado aos acontecementos que ensanguentaran o país. A supresión do vermello, substituído por azul dunha banda máis ancha que as dúas outros, así como o engadido dun sol, representa así a vontade reivindicada de cortar co período precedente e de volverse cara ao futuro. Esta bandeira trocouse, como parte da renovación nacional emprendida tralo xenocidio de Ruanda.[2]
-
Bandeira do Reino de Ruanda (1959-1962). -
Antiga bandeira de Ruanda (1962-2001)
[editar] Notas
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
|
|||||