Bandeira de Nova Caledonia
|
|
A bandeira de Nova Caledonia son oficialmente dúas: a bandeira de Francia e a bandeira local adoptada oficialmente no 2010.
Nova Caledonia, territorio francés dende 1853, utilizou oficialmente a Tricolore nas súas institucións. Porén, a comezos da década de 1980, propúxose unha bandeira local durante a celebración do primeiro congreso da Front de libération nationale kanak et socialiste (FLNKS). Esta bandeira, composta por tres franxas horizontais en azul, vermello e verde xunto a un símbolo tradicional, foi utilizada polos militantes pro-independentistas por máis de vinte anos.
No 2008, o goberno de Nova Caledonia iniciou o debate respeto á adopción dunha bandeira e un himno rexional, segundo o estipulado no Acordo de Numéa. A bandeira Kanak foi adoptada masivamente polo congreso local como bandeira rexional xunto coa bandeira francesa, coa que compartirá oficialidade por dous anos. O 17 de xullo de 2010 adoptouse oficialmente a bandeira kanak nunha cerimonia en Noumea, á que asistiu o primeiro ministro francés François Fillon.[1][2]
Malia a súa aprobación maioritaria por parte do congreso local, a adopción da bandeira foi controvertida.[1] Algúns neocaledonianos manifestaron os seus desexos dun novo deseño para a bandeira, que incopore elementos tanto franceses como kanaks, como forma de representar a coexistencia de ámbolos dous grupos étnicos.[1]
Índice |
Bandeira local (Kanak) [editar]
Esta bandeira componse de tres franxas horizontais do mesmo tamaño, de cor azul a superior, vermella a central e verde a inferior. Na súa parte central figura un círculo de cor amarelo no que aparece representado un tellado dunha vivenda tradicional.
- A cor azul representa o ceo de Nova Caledonia e o Océano Pacífico.
- A cor vermella simboliza o sangue derramada na loita pola independencia, a adopción do socialismo e a unidade do pobo Kanak.
- A cor verde simboliza a terra.
- O círculo amarelo simboliza o Sol.
Deseños alternativos [editar]
-
Bandeira usada nos Xogos do Pacífico Sur 2007
Bandeiras institucionais [editar]
Bandeiras provinciais [editar]
Nova Caledonia está dividida en tres provincias, cada unha coa súa bandeira propia.
Notas [editar]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 Malkin, Bonnie. "New Caledonia adopts second flag in compromise over French rule". http://www.telegraph.co.uk/news/worldnews/australiaandthepacific/newcaledonia/7900494/New-Caledonia-adopts-second-flag-in-compromise-over-French-rule.html.
- ↑ Jeudy, Bruno. "Fillon hisse les drapeaux français et kanak à Nouméa". http://www.lefigaro.fr/politique/2010/07/17/01002-20100717ARTFIG00310-fillon-hisse-les-drapeaux-francais-et-kanak-a-noumea.php.