Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira de Mauricio
 |
|
|
A bandeira nacional de Mauricio foi adoptada despois da súa independencia, o 12 de marzo de 1968. Consta de catro franxas horizontais do mesmo ancho e cores consecutivos vermello, azul, amarelo e verde.
O significado das cores é o seguinte:
- Vermello: Polo sangue derramado na loita pola independencia.
- Azul: O Océano Índico, no medio do cal se encontra Mauricio.
- Amarelo: A nova luz que brilla sobre a independencia da illa e o seu sol dourado.
- Verde: A exuberante vexetación da illa.
[editar] Outras bandeiras

Bandera civil.
Dimensións da bandeira: 1:2

Bandeira gubernamental.
Dimensións da bandeira: 1:2

Bandeira naval.
Dimensións da bandeira: 26:57
A bandeira civil (privativa para os buques) e a enseña gubernamental (para os buques do Estado) son bandeiras de cor vermello e azul respectivamente, cada unha coa bandeira nacional no cantón e o escudo de armas de Mauricio na marcha.
A enseña empregada polos buques de vixilancia costeira posúen un deseño inusual que consiste en franxas verticais vermellas, brancas e azuis de ancho desigual cun emblema en forma de áncora no centro.
[editar] Bandeiras históricas
-
Bandeira colonial (1906-1923)
-
Bandeira colonial (1923-1968)
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas