Bandeira de Laponia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira de Laponia.

A bandeira saami é a bandeira dos pobos saami, utilizada na terra que habitan, Laponia. Foi oficialmente recoñecida en 1986 pola Conferencia Nórdica dos Saami (Pohjoismainen saamelaiskongressi, Nordiska Samekonferensen) para ser empregada en contextos saami. Non é oficial en ningún país (de feito o territorio de Laponia está dividido entre os países escandinavos).

Significado[editar | editar a fonte]

As catro cores da bandeira, o vermello, o azul, o verde e amarelo, son as cores do gakti. O círculo emprégase como símbolo do Sol (representado tamén pola cor vermella) e da Lúa (representada pola parte azul).

Orixe[editar | editar a fonte]

O deseño da bandeira saiu do poema "Paiven parneh" ("os fillos do Sol"), onde se describe ós saami como os fillos e as fillas do Sol.

A bandeira saami foi inaugurada durante a Conferencia Saami de Åre, Suecia, de 1986. Foi o resultado dunha competición para a cal se incorporaron moitas suxestións, pero que foi gañada polo artista noruegués Astrid Båhl, tralo que se incorporou como bandeira o seu deseño.