Bandeira de Guinea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira de Guinea
Bandeira de Guinea
Uso
FIAV 111111.svgFIAV normal.png
Proporción 2:3
Adopción 10 de novembro de 1958
Cores      Verde     Vermello     Amarelo

A bandeira de Guinea foi adoptada o 10 de novembro de 1958. Está composta por tres franxas verticais do mesmo tamaño de cor vermello (a máis preto do mastro), amarelo (a central) e verde.

Son as cores panafricanas que figuran nas bandeiras de numerosos países do continente, como a de Etiopía e a de Gana.

O vermello foi adoptado en homenaxe dos que morreron na loita contra o colonialismo. É a cor vinculado cos traballadores da industria e do campo, razón pola que tamén se asocia co termo "Traballo" do lema nacional. O amarelo é o símbolo do ouro guineano e o sol africano. O amarelo é a cor que se relaciona co termo "Xustiza" do lema. O verde representa os bosques e a agricultura do país. É a cor que simboliza a última palabra do lema: "Solidariedade".

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]