Bandeira de Burquina Faso
|
A bandeira de Burkina Faso está formada por dúas franxas horizontais de igual ancho, de cor vermello a superior e verde a inferior, cunha estrela amarela de cinco puntas no centro da bandeira. As cores son as do pan-africanismo (que se basean nos da bandeira de Etiopía), aínda que tamén representan á revolución socialista (o vermello) e á fecundidade da terra de Burquina Faso (o verde), mentres que a estrela amarela representa a luminosa guía da revolución.
Esta bandeira foi adoptada o 4 de agosto de 1984 e deseñada polo daquela presidente Thomas Sankara.
Bandeiras históricas[editar]
O actual territorio de Burquina Faso independizouse de Francia o 1 de agosto de 1960 baixo o nome de Alto Volta. A bandeira deste estado era unha tricolor formada por tres franxas horizontais. as cores negro, branco e vermello representaban aos tres principais brazos do río Volta que cruzaban o país (o Volta Negro, o Volta Branco e o Volta Vermello).
A bandeira foi abolida cando se adoptou o nome de Burquina Faso e a actual bandeira.
Véxase tamén[editar]
Ligazóns externas[editar]
|
|||||