Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira de Azawad
 |
|
|
A bandeira de Azawad, un estado non recoñecido que declarou a súa independencia de Malí o 6 de abril de 2012, componse de 3 franxas horizontais de cor verde, vermella e negra, cun triángulo amarelo pegado ó mastro. É a mesma bandeira que a do Movemento Nacional de Liberación de Azawad.
O deseño está baseado na bandeira de Palestina coas cores panafricanas.[1]
Durante as anteriores rebelións tuareg, propuxéronse dúas bandeiras distintas para Azawad. Unha delas era horizontal bicolor azul e branco cun triángulo vermello, e a outra era unha bandeira branca lisa coa lúa crecente e estrela azuis.[2]
Outras bandeiras [editar]
-
Bandeira proposta para Azawad polo Tuareg Liberation Front
-
Bandeira proposta para Azawad