Banda de música de Sanxurdo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Banda de música de Sanxurdo
Banda de Gresande
Anos de actividade1879-1943
EnderezoSanxurdo (Cristimil, Lalín)

A Banda de música de Sanxurdo foi unha agrupación musical con sede no lugar de Sanxurdo, na parroquia lalinense de Cristimil.

Historia[editar | editar a fonte]

Fundada en 1879, tamén foi coñecida como banda de Gresande, parroquia veciña de Cristimil, debido a que desta foron algúns dos compoñentes. Desde 1902 ata 1922 non hai constancia desta banda, polo que se supón que sufriu unha primeira desaparición. En 1922 ponse de novo en marcha, acudíndo anualmente á festa da Piñata, sufragada polas parroquias de Cristimil e de Gresande. Coa desaparición desta festa, tamén desapareceu a banda no ano 1943. Algúns dos directores que pasaron por ela foron Ramón da Costa, Evaristo de Badajoz ou Marrón, o derradeiro.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]