Banda de Ribadeo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Banda Sinfónica Municipal de Ribadeo é unha agrupación musical de carácter academicista da vila de Ribadeo. Foi fundada co nome de Banda de Ribadeo (posteriormente Banda Municipal de Ribadeo) por Hernán Naval por encargo da Asociación Amadores da Música, sendo presentada en xaneiro de 1992.

Historia[editar | editar a fonte]

Con anterioridade existira outra Banda de Música a nivel local, fundada por iniciativa da Sociedade Filantrópico-Dramática cara a 1880. Estivo temporalmente baixo a dirección de Manuel Sánchez, facéndose con posterioridade cargo da mesma Baldomero Latorre.

Tivo algún período de crise e o Concello decidiu a súa disolución, sendo de novo a Sociedade Filantrópico-Dramática a encargada de a reorganizar, pero só de cando en vez e cun reducido número de músicos. Nesta etapa deu algún concerto, dirixida por Ramón Manso. A guerra civil española acabou por espallar os poucos efectivos que ficaban.

En 1943 reorganízase a academia de música, contratándose a Jesus Pérez Rivas como director da mesma e da renacida Banda. En 1946 pasa a ser dirixida por Carlos Álvarez Fernández-Cid, que no verán de 1947 deixa o seu posto por enfermidade a Salvador Calatayud. Dous anos máis tarde a dirección pasa a Emilio Carricoba. Tras unha nova etapa de crise, a banda desaparece novamente en 1960.

En 1988 constitúese a Asociación Amadores da Música co obxectivo de reorganizar a Banda, o que se leva a cabo en 1992.

En maio de 2008, no soterramento de Leopoldo Calvo Sotelo (que era socio de honra da banda), interpretou o Requiem de Mozart.

Directores[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]