Bancaja
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sede central de Bancaja en Castelló de la Plana.
A Caja de Ahorros de Valencia, Castellón y Alicante, coñecida comercialmente como Bancaja (en valenciano: Bancaixa), é unha entidade de crédito española de natureza fundacional[1] e carácter benéfico-social, cuxo obxecto é contribuír á consecución dos intereses xerais, a través do desenvolvemento económico e social na súa zona de actuación.
Bancaja, é a entidade financeira máis importante da Comunidade Valenciana, a matriz do sexto grupo financeiro español e do terceiro dentro do sector de caixas de aforros, medido por activos totais, cun gran potencial de desenvolvemento.
O seu domicilio social está en Castelló de la Plana.