Banato Sur

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Banato meridional»)
Јужнобанатски округ
Južnobanatski okrug
Distrito de Banat del Sur
Situación
Situación do distrito en Voivodina.
Situación do distrito en Voivodina.
Siuación do distrito en Voivodina.
Administración
Capital Pančevo
Comisionado s/d
Municipios 8
Asentamentos 94
 - Cidades e vilas 10
 - Pobos 84
Sitio oficial
Estatísticas
Superfice 4.245 km²
Poboación (censo 2002) 313.937
 - Densidade de poboación 73,6/km²
Voivodina
Municipios do distrito de Banato Sur.
Distribución da poboación por nacionalidades no Banato Sur (2002).
Distritos de Voivodina.

O Banato Sur, tamén comñecido como distrito do Banato do Sur ou do Banato meridional (serbio cirílico: Јужнобанатски округ / serbio latino Južnobanatski okrug), é un distrito ao nordeste de Serbia, na provincia autónoma de Voivodina, na rexión do Banato, con capital en Pančevo. A súa poboación (censo de 2011) era de 291.327 habitantes.[1]

Nomes[editar | editar a fonte]

Ademais dos nomes serbios anteditos, o distrito coñécese como Južnobanatski okrug en croata, como Dél-bánsági körzet en húngaro, como Juhobanátsky okres en eslovaco, como Districtul Banatul de Sud en romanés e como Јужнобанатски окрух en ruteno.

Municipios[editar | editar a fonte]

Nome Superficie
(en km²)
Poboación 2002 Poboación 2011 Estatuto
Alibunar 602 22.954 19.780 Municipio
Bela Crkva 353 20.367 17.285 Municipio
Vršac 800 54.369 51.217 Municipio
Kovačica 419 27.890 25.259 Municipio
Kovin 730 36.802 33.725 Municipio
Opovo 203 11.016 10.475 Municipio
Pančevo 755 127.162 122.252 Cidade
Plandište 383 13.377 11.334 Municipio
Total 4.245 313.937 291.327

Distribución da poboación por nacionalidades (2002)[editar | editar a fonte]

No censo de 2002, o distrito tiña 313.937 habitantes,[2] distribuídos da maneira seguinte:

Nationalidade Número %
Serbios 220.641 70,28
Romaneses 21.618 6,88
Húngaros 15.444 4,91
Eslovacos 15.212 4,84
Macedonios 7.636 2,43
Romanís 6.268 1,99
Iugoslavos 5.687 1,81
Outros

Todos os municipaios do distrito tiñan unha maioría de serbios, coa excepción do municipio de Kovačica de poboación mixta, cunha maioría relativa de eslovacos (41 %).

Cultura[editar | editar a fonte]

Pančevo distínguese polas súas numerosas institucións culturais: a Biblioteca Nacional Veljko Vlahović, os arquivos históricos e o Instituto para a Protección dos Monumentos Culturais.

Os monumentos culturais máis notábeis desta rexión son o mosteiro de Vojlovica, construído en 1405, a Igrexa da Asunción, a Igrexa da Transfiguración, construída en 1811, e o Museo Nacional, construído en 1833.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Statistical Office of the Republic of Serbia Arquivado 24 de marzo de 2017 en Wayback Machine. (en inglés) Consultada o 12/1/2012.
  2. Office of the Republic of Serbia (en inglés) Consultada o 12/1/2012.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]