Bamaco - Bamako
Coordenadas: 12°39′N 8°0′W / 12.65°N 8°W
| Bamaco - Bamako | |
|---|---|
| [[Ficheiro:|120px]] | [[Ficheiro:|140px|]] |
| Situación xeográfica | |
| Estado: | |
| Rexión: | |
| Xeografía | |
| Altitude: | 350 msnm |
| Superficie: | 252 km² |
| Poboación | |
| Poboación total: | 1.809.106 hab. (2009) |
| Densidade de poboación: | hab/km² |
| Xentilicio: | |
| Información | |
| Código postal: | |
| Alcalde: | Adama Sangaré |
| Sitio na web: | mairiebamako.africa-web.org |
Bamaco (Bamako en francés e Bamakɔ en bambara) é a capital de Malí. Localízase no sudoeste do país, na ribeira do río Níxer, a cidade é o centro administrativo e comercial e con 953.600 (2004) é a cidade máis grande de Malí. Ten a categoría de distrito, estando dentro do estado ao mesmo nivel que as rexións e divídese en seis concellos. Bamaco é a capital do único distrito do país. Concentra o 70% da produción industrial total do estado.[1] As principais producións son as manufacturas, como os téxtiles, a carne, os metais e a pesca. Ademais, o sector terciario está moi estendido, sobre todo o artesanado e o comercio. É sede das grandes empresas nacionais e da Administración do estado.
Índice |
Historia [editar]
A área onde se asenta Bamaco está habitada dende o paleolítico, segundo a tradición fundárona os xefes bambaras Seribadian Niaré e Soumba Coulibaly no século XVII, a cidade foi un importante centro comercial e de estudo islámico, posteriormente decaeu e a fins do XIX apenas tiña 800 habitantes. En 1883 os franceses ocuparon Bamaco e en 1908 convértese na capital do Sudán francés e ao obter Malí a independencia en 1960, Bamaco convértese na súa capital.
Xeografía [editar]
A cidade de Bamako nunha curva do río Níxer, rodeada de montes. Esténdese por unha superficie de 267km². Ten unha poboación de 1.690.471 habitantes (2006) e un porto fluvial importante sobre o río Níxer. É relativamente chan excepto ao norte, onde hai unha escarpa, formada por un antigo volcán.
Comunicacións [editar]
Unha liña de ferrocarril une Bamako con Dakar, no Senegal, pasando por Kati, Négala, Kita e Kayes. Outra forma de comunicarse coa cidade é o propio río Níxer. Ademais, existen camiños asfaltados que comunican a capital de Malí coas principais cidades das distintas rexións do país. O proxecto da Estrada Transaheliana vai facer pasar por Bamako o vial procedente de Dakar para logo dirixirse cara Burkina Faso, Níxer, Nixeria e o Chad. Por vía aérea, o Aeroporto Internacional de Bamako-Sénou conecta a cidade con múltiples destinos africanos, ademais de con París, a onde voan as compañías Aigle Azur, Air France e Air Mali.
Demografía [editar]
| Evolución demográfica[2] | |
|---|---|
| Ano | Poboación |
| 1900 | 10.000 |
| 1926 | 15.600 |
| 1936 | 22.000 |
| 1938 | 24.900 |
| 1946 | 70.500 |
| 1950 | 101.100 |
| 1954 | 120.000 |
| 1960 | 182.000 |
| 1970 | 387.700 |
| 1976 | 419.200 |
| 1987 | 658.300 |
| 1995 | 913.000 |
| 1998 | 1.016.300 |
O crecemento demográfico de Bamaco é moi acusado nos últimos anos, pasando dos 2.500 habitantes en 1884, 8.000 en 1908, a máis de 160.000 en 1960, durante a época da independencia, até chegar a unha poboación de máis de 1.600.000 habitantes actualmente. Bamako é a sexta cidade do mundo cunha proxección de crecemento poboacional máis grande, prevista para o ano 2020.[3]
Notas [editar]
- ↑ Censo industrial realizado no 2006, comunicación do Consello de Ministros do 20 de decembro de 2006.
- ↑ Fonte:POPULATION STATISTICS
Jan Lahmeyer (2002). "MALI historical demographical data of the urban centers" (en inglés). http://www.populstat.info/Africa/malit.htm. Consultado o 30 de xaneiro de 2011. - ↑ city mayors statistics (inglés). "The world’s fastest growing cities and urban areas from 2006 to 2020". http://www.citymayors.com/statistics/urban_growth1.html. Consultado o 30 de xaneiro de 2011.