Baltasar Carlos de España

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Baltasar Carlos de Austria
Príncipe de Asturias, Xirona e Viana, Duque de Montblanc, Conde de Cervera e Señor de Balaguer.
Retrato del príncipe Baltasar Carlos por Juan Bautista Martínez del Mazo, (Museo do Prado de Madrid).

Nacemento17 de outubro de 1629
Madrid, España
Falecemento9 de outubro de 1646
(16 anos)
Zaragoza, España
Casa realCasa de Austria
ProxenitoresFilipe IV
Isabel de Francia

Na rede
Find a Grave: 7643928 Editar o valor em Wikidata

Baltasar Carlos de Austria, nado en Madrid o 17 de outubro de 1629 e finado en Zaragoza o 9 de outubro de 1646 foi príncipe de Asturias, príncipe de Xirona, duque de Montblanc, conde de Cervera, señor de Balaguer, príncipe de Viana, e herdeiro universal de todos os reinos, estados e señoríos da Monarquía Hispánica ata a súa morte.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo do rei Filipe IV de España e da súa primeira esposa Isabel de Francia, foi bautizado o 4 de novembro de 1629 na madrileña parroquia de San Xoán.[1] Os padriños foron a infanta dona María, futura raíña de Hungría, e o infante don Carlos, tíos do recentemente nado, a quen levou en brazos dona Inés de Zúñiga y Velasco, condesa de Olivares (esposa do Conde-Duque de Olivares), nunha cadeira de cristal de rocha, que disque era a alfaia máis preciosa que ata entón se vira.[2]

A propia condesa de Olivares, que tamén era Camareira maior da raíña Isabel, exerceu como aia do príncipe,[3] o que deu lugar a comentarios sobre o control que o conde-duque de Olivares exercía sobre o herdeiro.

O 7 de marzo de 1632 foi xurado ante a nobreza e as Cortes de Castela como "Herdeiro da súa Maxestade" e "Príncipe destes Reinos de Castela e León, e os demais desta Coroa a eles suxeitos, unidos, e incorporados, e pertencentes"[4] nunha cerimonia que tivo lugar no mosteiro de San Xerome o Real de Madrid.[5]

Axiña se iniciaron xestións diplomáticas encamiñadas a procurarlle unha esposa, para o que se elixiu a arquiduquesa Mariana de Austria, filla do emperador Fernando III e da súa tía paterna, a infanta María Ana de Austria, e, xa que logo, prima entregue súa.[6]

Trala revolta catalá de 1640, Filipe IV tratou de granxearse o favor dos aragoneses para conseguir diñeiro e homes para a nova fronte de guerra. Unha das medidas adoptadas con este fin foi presentar o príncipe Baltasar Carlos para ser xurado como príncipe herdeiro do Reino de Aragón.[7] O xuramento realizouse o 20 de agosto de 1645, cando o príncipe contaba con dezaseis anos de idade, na Catedral do Salvador de Zaragoza.[8] Así Baltasar Carlos pasaba a ser príncipe de Xirona,[9] Gobernador Xeral de Aragón, duque de Montblanc, conde de Cervera e señor da cidade de Balaguer.[10] Pola súa banda, o 13 de novembro dese mesmo ano, Baltasar Carlos foi xurado herdeiro polas Cortes de Valencia.[11]

En abril de 1646, desexoso Filipe IV de que o seu fillo fose xurado herdeiro da Coroa polos navarros,[12] como o ano anterior o fora polos aragoneses, trasladouse xunto a este desde Madrid a Pamplona, onde, logo de recoñecerse os foros do reino navarro, se celebrou solemnemente a cerimonia o día 3 de maio.[13]

Finalizado o acto, a familia real trasladouse a Zaragoza. O día 5 de outubro, véspera do segundo cabodano da raíña Isabel de Borbón, Filipe IV e Baltasar Carlos asistiron ás vésperas e nocturno na súa memoria. Aquela mesma tarde o príncipe sentiuse doente e ao día seguinte, sábado 6 de outubro, tivo que quedar en cama mentres o rei acudía ao funeral. A enfermidade, varíolas,[14] foi fulminante. Así, o martes 9 de outubro ás oito de mañá, o arcebispo de Zaragoza administráballe o viático. Dise que o "Santísimo" se expuxo ata as tres da tarde, cando se fixo unha procesión xeral ao convento de Xesús, a onde se levara a Virxe de Cogullada e que foi logo trasladada procesionalmente ao altar da Seo, onde se venerou con candeas e oracións.[15] Ás nove da noite dese mesmo día 9 de outubro morría o príncipe Baltasar Carlos. Os seus restos permaneceron en Zaragoza ata a noite do 16 de outubro,[16]

Detalle do "Príncipe Baltasar Carlos a caballo" de Velázquez datado en 1635 (Museo do Prado de Madrid).

Consecuencias da morte de Baltasar Carlos[editar | editar a fonte]

A morte do príncipe deixou a Monarquía sen un herdeiro varón directo, o que ocasionou unha grave crise dinástica (a única posible herdeira que quedaba con vida era a infanta María Teresa[17]) e sumiu o rei nun profundo desazo, como se observa nunha carta escrita á súa conselleira espiritual, sor María de Ágreda:

"As oracións non moveron o ánimo do noso Señor pola saúde do meu fillo, que goza da súa gloria. Non lle debeu de convir a el nin a nós outra cousa. Eu quedo no estado que podedes xulgar, pois perdín un só fillo que tiña, tal que vós o vistes, que verdadeiramente me alentaba moito velo no medio de todos os meus coidados [...] ofrecín a Deus este golpe, que vos confeso me ten traspasado o corazón e neste estado que non sei se é soño ou verdade o que pasa por min."[18][19]

Desta carta despréndese a dor e a desesperación de Filipe IV, quen, en apenas cinco anos, perdera o seu irmán máis novo, o cardeal-infante don Fernando; a súa muller, Isabel de Borbón; e o seu único fillo varón e herdeiro universal, o príncipe Baltasar Carlos.

Trala morte de Baltasar Carlos, Filipe IV estaba obrigado a casar de novo para dar continuidade á dinastía. A elixida foi a prometida do falecido príncipe e sobriña súa, en canto filla da súa irmá María Ana, a arquiduquesa Mariana de Austria.

Os discursos sobre a conveniencia dunha ou outra esposa para Filipe IV comezaron desde a mesma morte de Baltasar Carlos, dada a urxencia que presentaba a cuestión sucesoria. Razóns políticas e de Estado, así como físicas ou naturais, e que poderían resumirse no "capital dinástico" e na madurez sexual,[20] determinaron que a nova esposa do rei debía ser a moza arquiduquesa, que por esas datas contaba tan só doce anos de idade.

En xaneiro de 1647 Filipe IV emitiu un decreto coa resolución de casar coa arquiduquesa Mariana de Austria.[21] O matrimonio celebrouse o 7 de outubro de 1649 en Navalcarnero. Deste matrimonio nacerían varios fillos, dos que só sobrevivirían a infanta Margarita Teresa, casada co emperador Leopoldo I, e o futuro Carlos II.

Antepasados[editar | editar a fonte]

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
16. Carlos I de España
 
 
 
 
 
 
 
8. Filipe II de España
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
17. Isabel de Portugal
 
 
 
 
 
 
 
4. Filipe III de España
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
18. Maximiliano II de Habsburgo
 
 
 
 
 
 
 
9. Ana de Austria
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
19. María de Austria e Portugal
 
 
 
 
 
 
 
2. Filipe IV de España
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
20. Fernando I de Habsburgo (= 30 )
 
 
 
 
 
 
 
10. Carlos II de Estiria
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
21. Ana de Bohemia e Hungría (=31 )
 
 
 
 
 
 
 
5. Margarida de Austria-Estiria
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
22. Alberte V Duque de Baviera
 
 
 
 
 
 
 
11. María Ana de Baviera
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
23. Ana de Habsburgo
 
 
 
 
 
 
 
1. Baltasar Carlos de Austria
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
24. Carlos IV de Borbón
 
 
 
 
 
 
 
12. Antón de Borbón
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
25. Francisca de Alençon
 
 
 
 
 
 
 
6. Henrique IV de Francia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
26. Henrique II de Navarra
 
 
 
 
 
 
 
13. Xoana III de Navarra
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
27. Margarida de Angulema
 
 
 
 
 
 
 
3. Isabel de Borbón
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
28. Cosme I de Médici
 
 
 
 
 
 
 
14. Francisco I de Médici
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
29. Leonor Álvarez de Toledo
 
 
 
 
 
 
 
7. María de Médici
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
30. Fernando I de Habsburgo (=20 )
 
 
 
 
 
 
 
15. Xoana de Habsburgo
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
31. Ana de Bohemia e Hungría (=21 )
 
 
 
 
 
 

Notas[editar | editar a fonte]

  1. ""Segunda y mas verdadera relacion del bautismo del Principe de España nuestro señor, Baltasar Carlos Domingo, con todos los nombres de los Caualleros, y titulos que yuan en el acompañamiento"". Arquivado dende o orixinal o 21 de decembro de 2014. Consultado o 16 de xuño de 2014. 
  2. Boadilla del Monte
  3. Castilla convulsa, 1631-1652" (pag.77)
  4. Gelabert, Juan.E.: "Castilla convulsa, 1631-1652" (pag.78). Además, es de reseñar que para cuando se celebró, en San Jerónimo, la Jura de Baltasar Carlos, se optó por denominarlo sencillamente como "Príncipe destos Reinos", y no como Príncipe de Asturias, posiblemente como intento de homogeneizar la estructura de los antiguos reinos peninsulares, fin perseguido por el conde-duque de Olivares (Sampedro Escolar, José Luis: "La numeración de los Príncipes de Asturias", Real Academia Matritense de Heráldica y Genealogía, Madrid, 2004).
  5. Para máis información sobre este xuramento consultese: "Convocación de las Cortes de Castilla y juramento del Príncipe, nuestro Señor D, Baltasar Carlos, primero de este nombre, año 1632" de Antonio Hurtado de Mendoza (1632).
  6. Trala morte do novo príncipe en 1646, Mariana de Austria casaría co pai deste, o rei Filipe IV
  7. Maiso González, Jesús: "Baltasar Carlos y Zaragoza" (pag.2).
  8. Gómez de Blas, Juan: "Relacion del iuramento de los Fueros de Aragon, que hizo el Serenissimo Principe D. Baltsar Carlos, en la Iglesia Metropolitana de la Ciudad de Zaragoça, en veynte de Agosto, de 1645." Sevilla (1645)
  9. Malia que Baltasar Carlos xurou os foros en 1646, o Reino de Navarra xa o xurara como herdeiro nas Cortes de 1632. González Ollé, Fernando: "Biografía de José Sarabia, presunto autor da Canción real a unha mudanza"
  10. Maiso González, Jesús: "Baltasar Carlos y Zaragoza" (pag.4).
  11. "Cortes del Reino de Valencia en Biblioteca virtual Miguel de Cervantes". Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2019. Consultado o 16 de xuño de 2014. 
  12. de Apraiz, Angel: "Vista de Pamplona. Pintura de un aurresku atribuida a Velázquez" (pag.2)
  13. "juramento que hizo el serenissimo principe don Baltasar Carlos, principe natural heredero deste Reyno de Navarra nuestro señor por su persona, en presencia del rey don Felipe sexto su padre nuestro señor, en la iglesia catedral de esta ciudad de Pamplona. Y el que en sus reales presencias prestaron a S.A. los Tres Estados deste Reyno estando junto en sus Cortes generales el año 1646." en "El corpus legislativo de Navarra en la etapa de los Austria (siglo XVI-XVII)" de Ostolaza Elizondo, María Isabel (pag. 35).
  14. Véxanse os pormenores da enfermidade e morte de Baltasar Carlos en "Relación de la enfermedad del Príncipe Nuestro Señor, escrita por el Padre Fray Juan Martínez, confesor de Su Majestad, para el Doctor Andrés de Uztarroz" (Zaragoza, 1646)
  15. "Muerte de príncipe de España" (1646) en "Baltasar Carlos y Zaragoza" de Jesús Maiso González (pag.4)
  16. Maiso González, Jesús: "Baltasar Carlos y Zaragoza" (pag.5)
  17. Malia que moitos autores pasaron por alto este feito, a infanta María Teresa converteuse, ata o nacemento dos príncipes Felipe Próspero e de quen posteriormente sería Carlos II, na herdeira universal da Monarquía Hispánica, como ben indica Laura Oliván Santaliestra na súa tese "Mariana de Austria en la encrucijada política del siglo XVII" (Universidade Complutense de Madrid, 2006). No entanto, María Teresa, suposta herdeira durante anos, non foi xamais Princesa de Asturias, por non ser xurada como tal, pese ás peticións que se lle fixeron ao seu pai por parte dos procuradores casteláns, o cal compróbase consultando as actas das reunións das Cortes da época así como o dito por Barrionuevo nos seus Avisos. O numerala como Princesa de Asturias é un erro do Padre Risco, cronista que escribiu cen anos logo dos feitos narrados e que foi copiado unanimemente polos autores que trataron sobre esta materia con posterioridade. O Padre Risco di que a Infanta Dona María Teresa foi xurada en 1655, e, estrañamente, dá toda clase de detalles verbo dunha cerimonia que xamais tivo lugar (Sampedro Escolar, José Luís: "La numeración de los Príncipes de Asturias", Real Academia Matritense de Heráldica e Genealogía, Madrid, 2004 (pag.5).
  18. "Las oraciones no movieron el ánimo de Nuestro Señor por la salud de mi hijo que goza de su gloria. No le debió de convenir a él ni a nosotros otra cosa. Yo quedo en el estado que podéis juzgar, pues he perdido un solo hijo que tenía, tal que vos le visteis, que verdaderamente me alentaba mucho el verle en medio de todos mis cuidados [...] he ofrecido a Dios este golpe, que os confieso me tiene traspasado el corazón y en este estado que no sé si es sueño o verdad lo que pasa por mí."
  19. Carta de Filipe IV a sor María de Ágreda de outubro de 1646, tomada de "Crisis de la hegemonía española, siglo XVII" de Suárez Fernández, Luis, y Andrés Gallego, José
  20. "Mariana de Austria en la encrucijada política del siglo XVII" de Oliván Santaliestra, Laura (pag.43).
  21. Biblioteca Nacional de Madrid Mss. 11027 en "Mariana de Austria en la encrucijada política del siglo XVII" de Oliván Santaliestra, Laura (pag.45).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Filipe de Austria
Príncipe de Asturias
16321646
Sucesor:
Felipe Próspero de Austria
Predecesor:
Filipe de Austria
Príncipe de Viana
16321646
Sucesor:
Felipe Próspero de Austria
Predecesor:
Filipe de Austria
Príncipe de Xirona
16451646
Sucesor:
Felipe Próspero de Austria