Balsa
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Balsa (homónimos).
Unha balsa é unha embarcación pequena, de forma predominantemente plana, feita con canas, madeiros ou táboas fortemente unidas unhas con outras. Tamén existen balsas construídas con materiais sintéticos como o PVC.
Tipos de balsas [editar]
Existen varios tipos de balsas, podendo clasificarse pola súa aplicación ou polo seu material de construción primordial.
- De madeira, polo común utilízase como transporte de curto alcance en poboacións rurais.
- De emigración. Utilizadas masivamente por cidadáns cubanos en dirección ás costas de Estados Unidos.
- De viníl, feitas case na súa totalidade de cámaras de material sintético que utilizan aire como medio para lograr a flotabilidad.
- Descenso de ríos. Estas embarcacións son construídas de material sintético como o PVC, teñen capacidade de 4 a 12 persoas, posúen varias cámaras de aire e están reforzadas para a actividade para a que foron fabricadas.
- Recreativa. Son pequenas e o seu uso é para recreo en piscinas, praias e outros lugares pouco perigosos.