Ballet de l'Opéra National de Paris

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ballet de l'Opéra National de Paris con Manuel Legris á fronte.

O Ballet de l'Opèra National de Paris (en galego: Ballet da Ópera Nacional de París) é unha compañía de ballet da cidade de París (Francia). Trátase da compañía de ballet nacional máis antiga do mundo, e moitas compañías de ballet europeas e internacionais poden remontar as súas orixes a el. Sempre foi unha parte integral da Opèra de Paris, que foi fundada en 1669 como a Académie d'Opéra (Academia da Ópera), aínda que a danza teatral non se converteu nun compoñente importante da Opèra de Paris ata 1673, logo de que fora renomeada como Académie Royale de Musique (Academia Real de Música) e posta baixo a dirección de Jean-Baptiste Lully.[1][2] A Opèra de Paris tivo diferentes nomes oficiais ao longo da súa historia, mais dende 1994 é chamada Opéra National de Paris (Ópera Nacional de París). A principal sede da compañía é o Palais Garnier.[3]

Historia[editar | editar a fonte]

Antecedentes[editar | editar a fonte]

O Ballet de l'Opéra National de Paris ten as súas orixes nas antigas institucións de danza, tradicións e prácticas da corte de Luís XVI de Francia. De particular importancia foron as series de comédies-ballets creadas por Molière con, entre outros, os coreógrafos e compositores Pierre Beauchamps e Jean-Baptiste Lully. A primeira foi Les fâcheux en 1661 e o máis importante, Le bourgeois gentilhomme en 1670.[4] Moitas destas eran tamén representadas pola Troupe de Molière teatro público do Palais-Royal en París, que logo se convertería na primeira casa permanente da compañía de ópera e do ballet da ópera.

Tamén en 1661 Louis fundou a Académie Royale de Danse (Academia Real de Danza) nun esforzo "por mellorar a calidade da instrucción da danza para os entainments da corte". Os membros da academia, así como os profesores de danza que eran certificados por ela, e os seus alumnos, participaban na creación de ballets para a corte, Molière, e posteriormente a ópera.[5] En 1680, Beauchamps converteuse en director da Académie Royale de Danse.[2][6] Aínda que a Académie Royale de Danse e a Ópera estaban estreitamente ligadas, as dúas institucións permanecían separadas, e a antiga desapareceu coa caída da monarquía en 1789.[7]

Fundación e primeiros anos[editar | editar a fonte]

O 28 de xuño de 1669, Louis garantizou privilexios para o poeta Pierre Perrin, dándolle un monopolio para formar unha academia separada para a representación da ópera en francés. A primeira produción da compañía fundada por Perrin, a Académie d'Opéra (Academia de Ópera), foi Pomone, que foi representada por primeira vez o 3 de marzo de 1671 e que incluía ballets coreografiados por Pierre Beauchamps.[5]

En 1672 Lully comprou o privilexio de Perrin e tamén obtivo novas patentes reais limitando o uso de músicos e bailaríns de outras compañías francesas. Con Beauchamps como coreógrafo e Carlo Vigarani como escenógrafo, a compañía de Lully, agora chamada Académie Royale de Musique, produciu Les fêtes de l'Amour et de Bacchus en novembro de 1672. Esta obra consistía orixinalmente en extractos dos ballets da corte anteriores conectados con entrees novas creadas por Beauchamps. Unha diferenza crucial, non obstante, dos anteriores ballets da corte foi que os membros da corte xa non participaban, e todos os bailaríns eran profesionais.[5]

A seguinte produción, Cadmus et Hermione (27 de abril de 1673), a primeira tragédie lyrique, con libreto de Philippe Quinault, foi recibida eufóricamente por Louis XIV. Lully, Quinault, e Beauchamps continuaron a colaborar nunha serie de producións exitosas, creando no proceso un novo xénero de ópera francesa no que os interludios de danza xogaban un papel importante no drama musical.[8]

Inicialmente os bailarís do Ballet de l'Opéra National de Paris eran todos homes. Mademoiselle de la Fontaine (1665–1738) converteuse na primeira ballerina profesional cando bailou na estrea do ballet de Lully Le Triomphe de l'amour o 21 de xaneiro de 1681.[9] Pierre Beauchamps continuou a colaborar con Lully na Ópera de París ata a morte de Lully en 1687.[6]

Historia recente[editar | editar a fonte]

O século XVIII viu a creación dunha escola asociada, agora denominada École de Danse de l’Opéra de Paris (en galego Escola de Danza da Ópera de París), que abriu en 1713. As óperas de Rameau, e posteriormente de Gluck, convertéronse en estándars para os bailaríns. Jean-Georges Noverre foi un mestre de ballet particularmente influínte entre 1776 e 1781. El creou o ballet Les Petits Riens que empregou música de Mozart en 1778. Maximilien Gardel foi o mestre de ballet dende 1781, co seu irmán Pierre Gardel tomando o mando despois da morte de Maximilien en 1787. Pierre Gardel sobreviviu á Revolución creando ballets como La Marseillaise e Offrande à liberté.[1] El permaneceu como mestre de ballet ata 1820 e continuou a traballar ata 1829.[10]

En 1820 Pierre Gardel foi sucedido como mestre de ballet por Jean-Louis Aumer, que foi non obstante altamente criticado por empregar demasiada pantomima e fallou no uso de coreografía que promovía o argumento ou carácter.[10] En 1821 a compañía trasladouse a unha nova sede, a Salle Le Peletier, onde naceu o ballet romántico.

En 1875 a compañía trasladouse ao Palais Garnier, onde continúa actuando.[1]

A Escola do Ballet da Ópera de París tense convertido nunha das máis preeminentes do mundo. Os seus antigos alumnos teñen gañado un rexistro de 18 premios Benois de la Danse dende 1992. A escola selebrará o seu tricentenario en 2013.

Artistas[editar | editar a fonte]

Mestres de ballet e directores de danza[editar | editar a fonte]

Mestres de ballet e directores de danza
Anos Director
1673 - 87 Pierre Beauchamp
1687 - 1729 Louis Pécour
1729 - 39 Michel Blondy
1739 - 48 Antoine Bandieri de Laval
1748 - 68 Jean-Barthélemy Lany
1770 - 75 Gaëtan Vestris
1776 - 81 Jean-Georges Noverre
1781 - 83 Dauberval e M. Gardel
1783 - 87 Maximilien Gardel
1787 - 1820 Pierre Gardel
1820 - 31 Jean-Pierre Aumer
1831 - 50 Jean Coralli
1850 - 53 Arthur Saint-Léon
1853 - 59 Joseph Mazilier
1860 - 68 Lucien Petipa
1868 - 69 Henri Justamant
1869 - 87 Louis-Alexandre Mérante
1887 - 1907 Joseph Hansen
1908 - 09 Léo Staats
1909 - 10 Mme. Stichel
1911 - 14 Ivan Custine
1919 - 26 Léo Staats
1927 - 29 Nicola Guerra
1930 - 45 Serge Lifar
1947 - 58 Serge Lifar
1958 - 61 George Skibine
1962 - 69 Michel Descombey
1969 - 70 John Taras
1970 - 71 Claude Bessy
1971 - 77 Raymond Franchetti
1977 - 80 Violette Verdy
1980 - 83 Rosella Hightower
1983 - 89 Rudolf Nuréyev
1990 - 94 Patrick Dupond
Desde 1995 Brigitte Lefèvre
A partir de outubro de 2014 Benjamin Millepied

Outros Coreógrafos[editar | editar a fonte]

Nota: Estas obras foron estreadas polo Ballet de l'Opèra National de Paris.

Bailaríns[editar | editar a fonte]

Existen cinco rangos inmutables de bailaríns no Ballet de l'Opèra National de Paris, que do nivel máis baixo ao máis alto serían os seguintes:

Os niveis 3 a 5 conforman no seu conxunto o corps de ballet.

A promoción a un nivel superior realízase mediante un concurso interno, no cal o xurado está composto por membros da dirección da Opèra e bailaríns e personalidades externas ao mundo da danza. Este concurso realízase anualmente.

Só os étoiles escapan a este sistema: o nomeamento dun bailarín principal (máis ráramente un sujet) co título de étoile é decidido polo director da Opéra National de París a proposta do director de danza ao finalizar unha representación. sur proposition du directeur de la danse à la suite d'une représentation. O proceso de nominación ten variado co paso do tempo.

Étoiles[editar | editar a fonte]

     

Bailaríns destacados[editar | editar a fonte]

     

Iconografía[editar | editar a fonte]

Edgar Degas et les danseuses du Ballet de l'Opéra de Paris[editar | editar a fonte]

Edgar Degas adicou numerosos cadros, debuxos e esculturas (a máis famosa das cales é La Petite Danseuse de quatorze ans) aos bailaríns e bailarinas do ballet e a escola de danza da Opéra de Paris, un dos seus temas predilectos. A precisión dos detalles e a precisión do suxeito é o resultado das frecuentes visitas do pintor á salle Le Peletier e ao palais Garnier.

Os intérpretes do repertorio do século XIX en imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Paris Opera Ballet" in Crane and Mackrell 2000, pp. 360–361.
  2. 2,0 2,1 Christout 1998, p. 86.
  3. "Histoire de l'Opéra national de Paris" (in French) at the Paris Opera website. Retrieved 19 July 2011.
  4. Guest 2006, pp. 5–7.
  5. 5,0 5,1 5,2 Astier 1998a, p. 3.
  6. 6,0 6,1 Astier 1998b, pp. 396–397.
  7. Astier 1998a, p. 4.
  8. Christout 1998, pp. 86–87.
  9. Pitou 1983, pp. 249, 325–326.
  10. 10,0 10,1 Babsky 1998, p. 202.
  11. Mathias Heymann

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Snowdance.jpg
A Galipedia ten un portal sobre:

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]