Balea gris

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Balea gris
Eschrichtius robustus

Rango fósil: plistocenoactualidade
Balea gris nunha lagoa litoral da Baixa California Sur
Balea gris nunha lagoa litoral da Baixa California Sur

Comparación do tamaño co dun humano
Comparación do tamaño co dun humano

Estado de conservación
Risco baixo (LC)
Clasificación científica
Dominio: Eukaryota
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Subclase: Theria
Infraclase: Eutheria
Orde: Cetacea
Suborde: Mysticeti
Familia: Eschrichtiidae
Ellerman & Morrison-Scott, 1951 [1]
Xénero: Eschrichtius
Gray, 1864 [2]
Especie: E. robustus
Nome binomial
Eschrichtius robustus
(Lilljeborg, 1861) [3]
Distribución da balena gris

Distribución da balena gris
Sinonimia
Da familia:[1]
  • Rhachianectidae Weber, 1904
Do xénero:[2]
  • Rhachianectes Cope, 1869
Da especie:[3]
  • Eschrichtius gibbosus (Erxleben, 1777)
  • Eschrichtius glaucus (Cope, 1868)
  • Balaenoptera robusta Lilljeborg, 1861

A balea gris,[4] tamén coñecida como balea cinsenta do Pacífico, [5] Eschrichtius robustus Lilljeborg, 1861, é unha especie e mamífero da orde dos cetáceos, suborde dos misticetos, o único representante da familia dos escrictíidos (Eschrichtiidae).

Características[editar | editar a fonte]

Ao igual que Caperea marginata, a balea anana, trátase dunha especie de características intermedias entre as das familias dos balénidos (as baleas verdadeiras) e dos balenoptéridos (os rorcuais).

É ben coñecida polos seus hábitos migratorios que a levaban a reproducirse no inverno nas costas de California para desprazarse logo ás áreas de verán, no estreito de Bering, nunha longa viaxe de até 20 000 km ao longo da costa norteamericana.

Carece de aleta dorsal e, no seu lugar, mostra unha corcova baixa, situada moi posteriormente, seguida de 6 a 12 vultos ou nós lineais até a aleta caudal.

A cabeza está arqueada, entre os espiráculos e o fociño, e mostra numerosas calosidades formadas por colonias de crustáceos que se fixan á pel. Baixo a boca posúe dous sucos curtos, paralelos ou en forma de V, ocasionalmente entre 3 e 7.

As súas barbas son máis curtas, anchas e en menor número que no resto dos misticetos, característica relacionada cos seus hábitos alimenticios: come moi preto do fondo e inxire lama, area e pedras coa auga.

Estado de conservación[editar | editar a fonte]

A consecuencia da caza masiva á qure se viu sometida, a súa poboación do Atlántico norte case se extinguiu entre os séculos XVII e XVIII. A poboación coreana aínda se mantén, pero en cifras mínimas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Eschrichtiidae Ellerman and Morrison-Scott, 1951 en SIIT.
  2. 2,0 2,1 Eschrichtius Gray, 1864 en SIIT.
  3. 3,0 3,1 Eschrichtius robustus (Lilljeborg, 1861) en SIIT.
  4. Nome adaptado do usado na terminoloxía internacional:
    • alemán: Grauwal.
    • castelán: ballena gris.
    • catalán: balena grisa.
    • inglés: grey whale.
    • francés: baleine grise.
  5. Lahuerta e Vázquez (2000), p. 309.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Balea gris
Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Balea gris

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Carwardine, Mark (1995): Ballenas, delfines y marsopas. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-1037-3.
  • Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8.
  • Perrin, William F., Bernd Wursig & J. G. M. Thewissen (eds.) (2002): Encyclopedia of Marine Mammals. 2ª ed. San Diego, California: Academic Press. ISBN 978-0-12-373553-9.
  • Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (eds.) (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference. Third edition. ISBN 0801882214.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]