Baldomero Fernández Calviño
José Baldomero Fernández Calviño, nado o 27 de setembro de 1936 en Narón, é un político galego.
Índice |
Traxectoria [editar]
Estudou o bacharelato no Instituto de Ensinanza Media da Coruña. Diplomouse na Escola de Socioloxía en Madrid e obtivo o título de Graduado Social na Escola da Universidade de Santiago de Compostela. Funcionario da Administración Local. En Madrid ingresou no Frente de Juventudes e foi Delegado de Juventudes e Secretario Local do Movimiento Nacional en Narón. Foi procurador nas Cortes franquistas en representación das confrarías de pescadores como presidente da Federación de Confrarías de Pesca de España. Na transición afiliouse ó Partido Gallego Independiente, foi senador (1977-1982) coa Unión de Centro Democrático e conselleiro de Pesca (1979-1982).
| Predecesor: ' |
conselleiro de Pesca 1979-1982 |
Sucesor: Ramón Díaz del Río |