Balanceiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O balanceiro é un peza dun motor de combustión interna que serve para accionar as válvulas. Se a árbore de levas non está situada xusto enriba da válvula, o balanceiro transmite o movemento de esta á válvula, que é operada indirectamente.

Un dos extremos do balanceiro é accionado pola árbore de levas: cando este movemento sobe un extremo do balanceiro, o outro baixa, abrindo a válvula. Pola contra, cando a leva baixa o balanceiro elevase no lado da válvula e permite que o resorte a feche.