Bakú - Bakı
Coordenadas: 40°23′43″N 49°52′56″E / 40.39528°N 49.88222°E
| Bakú - Bakı | |
|---|---|
| Situación xeográfica | |
| Estado: | |
| Rexión: | |
| Subrexión: | |
| Distrito: | |
| Xeografía | |
| Altitude: | -28 msnm |
| Superficie: | 260 km² |
| Poboación | |
| Poboación total: | 2.045.815 hab. (2011) |
| Densidade de poboación: | 7.845 hab/km² |
| Xentilicio: | |
| Información | |
| Código postal: | |
| Alcalde: | Hajibala Abutalybov |
| Sitio na web: | BakuCity.az |
Bakú ou Bacú (Bakí en azerí) é a capital e a maior cidade do Acerbaixán. Localizase nas marxes do mar Caspio. Ten preto de 2.045.815 habitantes (2011).
Coñeceu un gran desenvolvemento no treito final do século XIX grazas á industria petrolífera. A súa conquista foi o grande obxectivo da campaña alemá no Cáucaso durante a Segunda Guerra Mundial. Ata ao desenvolvemento da exploración de hidrocarburos na Siberia foi o principal centro petrolífero da URSS. Despois da independencia do Azerbaixán a cidade sofreu o impacto indirecto máis negativo da guerra do Alto Carabakh, voltando a se recuperar lentamente. A abertura próxima do oleoduto Bakú-Ceyhan ten criado moitas esperanzas dun renacemento quer de Bakú quer do Acerbaixán na súa totalidade.
Etimoloxía [editar]
Crese que o nome Bakú provén de verbas do antigo persa Bād-kube "باد کوبہ", que significa "Cidade golpeada polo vento ", onde "Bād" significa vento e "Kube" vén do verbo "Kubidan", golpear.
Tamén se cre que Bakú deriva da palabra Baghkuh, que significa Monte de deus. Baga (actualmente Bagh) e Kaufa (actualmente Kuh) son as dúas verbas do antigo persa para Deus e Montaña; ademais o nome Baghkuh pode ter algunha relación con Baghdad (Regalo de Deus) onde a partícula dā é a palabra do antigo persa para o verbo dar. En textos árabes a cidade tamén é denominada Baku, Bakukh, Bakuya, e Bakuye'.
Propuxéronse varias hipóteses para explicar a etimoloxía da palabra "Baku". Segundo L.G.Lopatinski e Ali Huseynzade,[1] Baku provén do turco para outeiro. O historiador especialista no Cáucaso K.P. Patkanov tamén sostén a mesma teoría, pero que Bakú se orixina na lingua lak.
A Enciclopedia Islámica turca considera que a palabra "Bakú" provén da expresión "Bey-Kyoy", que en turco significa "a cidade principal".
Outra proposta consiste en que o nome provén do persa medio Bāgh-dād, "O Xardín Doado". O nome é preislámico e as orixes non son claras, pero relaciónase con asentamentos anteriores sen importancia política nin comercial, polo que segundo esta teoría a cidade tería sido fundada en tempos do Califato Abasí.
Mansur chama a cidade "Madinah al-Salam", ou "Cidade da Paz", como unha referencia ao paraíso. Este foi o nome oficial en moedas, pesos e outras cousas.