Bajo Cinca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Bajo Cinca - Baix Cinca")
Localización da comarca en Aragón.
Concellos da comarca.

O Bajo Cinca (Baix Cinca en catalán e oficialmente Bajo Cinca/Baix Cinca[1]) é unha comarca de Aragón, en España, situada no leste da comunidade. Engloba 10 concellos da provincia de Huesca e un da de Zaragoza (Mequinenza). A capital administrativa é Fraga.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Limita ao norte coas comarcas de La Litera e o Cinca Medio, ao oeste coa comarca dos Monegros, ao sur coa comarca de Bajo Aragón-Caspe, e ao leste coa provincia de Lleida.

A súa xeografía está caracterizada polo contraste das ribeiras fértiles do Ebro, Cinca e Segre e o secaño que se estende fóra dos vales. Nos últimos anos tamén se desenvolveu o regadío nas zonas de secaño, co que a paisaxe modificouse. É de gran valor ecolóxico a Serreta Negra, con varias especies de plantas endémicas.

Concellos[editar | editar a fonte]

Concello Extensión
(km²)
Poboación (2011)
(hab.)
Densidade
(hab./km²)
Ballobar 127,7 974 7,63
Belver de Cinca 82,6 1.374 16,63
Candasnos 122,4 395 3,23
Chalamera 11,5 122 10,61
Fraga 437,6 14.426 32,97
Mequinenza 307,2 2.478 8,07
Ontiñena 137,0 597 4,36
Osso de Cinca 27,7 768 27,73
Torrente de Cinca 56,8 1.337 23,54
Velilla de Cinca 16,5 449 27,21
Zaidín 92,6 1.689 18,24
1.419,6 24.609 17,34


Linguas[editar | editar a fonte]

A comarca é bilingüe. Os municipios de Mequinenza, Torrente de Cinca, Velilla de Cinca e Zaidín son maioritariamente catalanofalantes mentres que Fraga aglutina unha porcentaxe similar de poboación catalanofalante e castelanofalante. Todos eses municipios pertencen á chamada Franxa de Aragón. Os municipios de Ballobar, Belver de Cinca, Candasnos, Chalamera, Ontiñena e Osso de Cinca son castelanofalantes.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. DECRETO LEXISLATIVO 2/2006, de 27 de decembro, do Goberno de Aragón, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Delimitación Comarcal de Aragón.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]