Baixa Saxonia - Niedersachsen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Baixa Saxonia
Bandeira de Baixa Saxonia Escudo de Baixa Saxonia
Bandeira Escudo
 
Deutschland Lage von Niedersachsen.svg
 
Estado Alemaña Alemaña
Capital
 • Poboación
 • Coordenadas
Hannóver
518.088 (2008)
n/d
Linguas Alemán
Baixo saxón
Frisón oriental
 • Oficiais Alemán1
Estatus Estado federado
Ministro-Presidente
David McAllister (CDU)
Fundado
1946
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 2º
47.624 km²

km
km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 4º
7.977.000
167 hab./km²
Xentilicio
Fuso horario
 • en verán
UTC+1
UTC+2
Dominio de Internet .de
Prefixo telefónico n/d
Prefixo radiofónico n/d
Código ISO DE-NI
1 O baixo saxón e o frisón están autorizados para uso oficial.
Páxina Web Oficial
Subdivisións de Alemaña

A Baixa Saxonia (en alemán Niedersachsen, en baixo saxón: Neddersassen, frisón oriental: Läichsaksen) é un dos dezaseis estados federados de Alemaña. O estado ten unha poboación preto dos oito millóns de habitantes nunha superficie de 47,618 km², sendo o segundo estado maior en terreo da Alemaña e o cuarto en poboación. A lingua maioritaria é o alemán, aínda que nalgunhas zonas rurais segue a empregarse o baixo saxón (Plattdeutsch).

A Baixa Saxonia está bañado no seu extremo setentrional polo Mar do Norte, facendo fronteira cos Estados de Schleswig-Holstein, Hamburgo, e Mecklemburgo-Antepomerania ao norte; Brandeburgo e Saxonia-Anhalt ao leste; Turinxia, Hessen e Renania do Norte-Westfalia ao sur; e cos Países Baixos ao oeste. En total, a Baixa Saxonia é o estado alemán que está rodeado por máis estados distintos. O Estado de Bremen forma dous enclaves dentro da Baixa Saxonia, un a Cidade de Bremen e outro a cidade portuaria de Bremerhaven. As principais cidades do estado son Hannóver, Braunschweig, Lüneburg, Osnabrück, Oldenburg e Göttingen.