Bahá'u'lláh

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Shrine of Bahá'u'lláh
Bahá'u'lláh 1868.

Bahá'u'lláh (farsi: Mírzá Husayn-'Alí, میرزا حسینعلی), nado en Teherán o 12 de novembro de 1817 e finado en Acre o 29 de maio de 1892, foi o fundador e profeta da Fe Baha'i.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo da clase dirixente persa. En 1844 faise seguidor do babismo e decide consagrar a súa vida aos pobres, e logo da execución do seu fundador Báb, as autoridades arrestaron a Bahá'u'lláh, nos catro meses que pasa no alxube coñecido como o Pozo Negro, que se converte no berce dunha nova revelación. Tras ser liberado, marcha ao exilio, primeiro a Bagdad, e logo pasou dous anos de meditación nas montañas do Curdistán, en 1856 regresa a Bagdad. Entre o 21 de abril e o 2 de maio de 1863 proclamou aos babís do seu entorno que el era o Prometido que predicira Báb, o 3 de maio marchou para Estambul, onde en decembro foi conducido á prisión de Edirne, onde permaneceu ata 1868 en que foi trasladado a Acre, alí escribiu Kitábi-Aqdas (O libro máis sagrado).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bahá'u'lláh